O Lugo Sala Acasti Reformas acadou unha importante vitoria a domicilio ante o Stellae Leis Pontevedra F.S. no pavillón Monte Carrasco de Pontevedra, por un claro 3-7. O partido correspondeu á xornada da División de Honra Xuvenil, e a diferenza no marcador ao remate da primeira parte (1-2) prometía unha segunda metade intensa.
Resultado da primeira parte ; 1-2
Resultado final ; 3-7
Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián Fernández López, Anxo Veiga González, Iago Núñez Pereira, Diego Pérez Caloto, Javier García Arrojo
Banquiño: Hugo Sanfiz Álvarez, Diego Mera Morales, Pedro Fernández López, David Dorado, Mitxel de Sousa
Goleadores; Javier (3), Anxo (2), David e Hugo Sanfiz
Primeira parte
O encontro comezou cun ritmo alto desde os primeiros minutos, con ambos equipos buscando a portería contraria. O Lugo Sala dominaba a posesión e xeraba máis ocasións, pero non lograba materializalas en goles. Aínda así, foi no minuto 13 cando David, cun disparo ben colocado, abriu o marcador e puxo ao Lugo Sala por diante (0-1). O equipo local, o Stellae Leis, non tardou en reaccionar e, nunha xogada inmediata, conseguiu o empate grazas a un tanto que chegou no minuto seguinte (1-1).
A pesar deste gol encaixado, o Lugo Sala non se descompuxo e pouco antes do descanso, no minuto 17, Javier apareceu para poñer o 1-2 no marcador. Con este gol, o Lugo Sala chegaba ao descanso cunha vantaxe mínima, pero valiosa, sabendo que quedaba moito por xogar.
Segunda parte
A segunda metade comezou cun Lugo Sala máis enchufado e decidido a ampliar a súa vantaxe. Só pasau un minuto cando Anxo, cun disparo potente, fixo o 1-3 e, pouco despois, repetiu para marcar o 1-4 , no 26 Hugo Sanfiz fixo o 1-5 para deixar clara a superioridade visitante. O Stellae Leis non perdía a esperanza e recortou distancias co 2-5 e o 3-5 casi seguidos, pero o Lugo Sala non se deixou intimidar e mantivo a súa presión.
No minuto 31, Javier anotou o 3-6, dando tranquilidade e sentenciando case definitivamente o encontro. O Stellae Leis intentou reducir a diferenza pero o Lugo Sala non cedeu. Coa vitoria xa case selada, Javier de novo, fixo o 3-7 definitivo co que rematou o encontro.
Mellores xogadores do partido:
– 3 puntos: Anxo Veiga González
– 2 puntos: Javier García Arrojo
– 1 punto: Hugo Sanfiz Álvarez
Clave do partido
A clave da vitoria foi a gran intensidade e o bo xogo amosado por parte do Lugo Sala durante todo o partido, especialmente na segunda metade, cando ampliaron a vantaxe cunha gran eficacia en ataque.
Frase do adestrador Jose;
«Este partido foi unha demostración do que somos capaces de facer cando mantemos a concentración e a intensidade todo o tempo. A vitoria é importante, pero temos que seguir mellorando. Na próxima xornada xogamos en casa contra o CD Tres Columnas de Cidade Rodrigo, un equipo que, a pesar de estar na última posición, sabe loitar, polo que non podemos confiarnos.»
Con esta vitoria, o Lugo Sala segue a súa marcha firme na liga, e prepara a súa próxima cita en casa coa mesma ilusión de sempre.