
No Pavilón Municipal dos Deportes de Lugo, o equipo infantil feminino do Lugo Sala Acasti Reformas logrou unha importante victoria por 4-1 fronte ao Pescados Rubén Burela F.S., nun partido clave para recuperar a confianza tras as dúas últimas derrotas.
Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas ; Natalia , Alexia, Alba, Noa, Juanita
Banquiño: Sara, India, Naila
Resumo da 1ª parte:
A primeira metade do encontro comezou igualada. Ningún dos dous equipos logrou impoñerse de xeito claro, e a intensidade no xogo foi palpable dende o inicio. O Lugo Sala, con máis puntería de cara a portería, conseguiu abrir distancias. A pesar de non ser un partido fácil, as xogadoras de Luchi, a súa adestradora, mostraron a súa determinación, pelexando cada balón e mantendo a intensidade durante todo o tempo. Co 3-0 no marcador, o Lugo Sala tomou un respiro, sentenciando a primeira parte con certa comodidade.
Resumo da 2ª parte:
Na reanudación, o Lugo Sala seguiu mantendo a súa concentración. Cando o Maristas A Coruña parecía querer reaccionar, un erro da súa porteira permitiu ao Lugo Sala marcar o 4-0, a través de Noa. A partir deste momento, Luchi decidiu repartir máis os minutos entre as xogadoras do banquiño para darlles a oportunidade de demostrar o seu esforzo. A pesar de ter ocasións, foron as rivais as que conseguíron marcar o seu único gol tras un pequeno erro defensivo, pero xa era demasiado tarde para que cambiaran o rumbo do partido.
La clave do partido para Luchi:
A intensidade foi o fío condutor do partido. Luchi destacou que, a pesar das ausencias no equipo, as xogadoras supliron a falta de efectivos cun esforzo sen igual, logrando que a vitoria fose posible.
Frase de Luchi, adestradora do Lugo Sala Acasti Reformas:
«Suplimos as ausencias con intensidade.»
Goleadoras do Lugo Sala Acasti Reformas:
– Alexia (2 goles)
– Noa
– Sara
Os tres mellores xogadores do partido:
– 3 puntos Natalia
– 2 puntos Alexia
– 1 punto Alba
A vitoria sitúa ao Lugo Sala Acasti Reformas no medio da clasificación, cunha sensación de tranquilidade tras este respiro. O próximo partido será un dos derbis da cidade, onde o Lugo Sala se medirá como local contra o Ribeira F.S. Meizoso Fernández, un encontro no que as xogadoras tentarán seguir a súa boa racha e recuperar a forza de cara ao que queda de tempada.
Próximo partido:
Lugo Sala Acasti Reformas vs. Ribeira F.S. Meizoso

