
Nunha nova xornada da Copa Cadete Feminina – Grupo 2, o Pavillón de O Palomar foi testemuña dun vibrante derbi da cidade de Lugo entre o Lugo Sala Dental Arias e o Ribeira F.S. 11Teamsports, no que o equipo local demostrou firmeza, intensidade e acerto para levarse os tres puntos cun contundente 5-0.
Alineacións iniciais:
– Lugo Sala: Antia, Nadia, Marina, Alexia, Xela
– Banquiño: Sheila, Goya, Andrea, Natalia, Ainara
– Ribeira F.S.: Sainza, Antia, Chloe, Paula, Nerea
– Banquiño: Shaila, Alma, Laura, Helena, Irene
As goleadoras do partido foron;
Alexia, Marina, Goya, Propia porta e Natalia.
Primeira metade: dominio progresivo
O partido comezou cun ritmo alto e unha igualdade patente nos primeiros minutos. Ambos os equipos gozaron de ocasións para abrir o marcador, mais foi o Lugo Sala, nunha brillante acción individual de Alexia, quen atopou o camiño do gol para poñer o 1-0 no marcador. Ese tanto serviu como impulso anímico para as locais, que foron medrando no partido e comezaron a dominar con máis claridade. Antes do descanso, Marina ampliou a vantaxe cun gol que deixaba un esperanzador 2-0 para as locais ao rematar os primeiros vinte minutos.
Segunda parte: sentenza e exhibición local
Co regreso á pista, o Lugo Sala mantivo a intensidade, consciente de que o Ribeira buscaría recurtar distanzas. Porén, a resposta foi inmediata e contundente, Goya apareceu para marcar o terceiro e afundir calquera intento de reacción visitante. Ese gol, considerado por Luchi como a clave do encontro, reforzou aínda máis ao Lugo Sala, que completou o resultado cun tanto en propia porta do Ribeira e outro gol final de Natalia, pechando así unha actuación coral e moi sólida das locais.
As mellores xogadoras:
– Lugo Sala:
3 puntos – Alexia
2 puntos – Nadia
1 punto – Natalia
– Ribeira F.S.:
Todas: destacada entrega colectiva malia o resultado adverso.
Declaracións das adestradoras:
– Luchi : «Dar a noraboa ás miñas xogadoras xa que fixeron un gran partido e todas estiveron moi enchufadas.»
Sobre o encontro engadiu: «O terceiro gol que marcamos evitando a reacción do equipo rival de meterse no partido creo que foi clave, porque elas viñéronse abaixo e a nós aínda nos aportou máis enerxía.»
– Antía : «Foi unha primeira parte moi igualada onde competimos ben, pero os dous goles antes do descanso e o terceiro nada máis comezar a segunda parte marcaron a diferenza. Seguiremos traballando.»*
Conclusión:
O Lugo Sala impuxo a súa lei no derbi lucense con intensidade, orde e eficacia ofensiva, mentres que o Ribeira loitou con orgullo pero non puido superar a sólida versión local.

