Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala quedou co derbi ante Castro e accede ás semifinais da Copa cadete feminina

O Lugo Sala, cunha remontada espectacular e consegue o triunfo ante o Castro nun partido cheo de emoción e intensidade

Cadete preferente- Copa Galicia, Cuartos de Final
Lugo Sala Recambios Frain – FSF Castro
Resultado ao descanso: 1-3
Resultado final: 4-3

Aliñación: Nati, Andre, Leire, Mari, Alba
Banco: Cande, Nadix, Juanita
Goleadoras: Mari (3) e Leire
:
O Lugo Sala Recambios Frain comezou o partido con dificultades, incapaz de igualar a intensidade dun FSF Castro moi activo e con moito ritmo. O primeiro gol visitante chegou por mala sorte nun balón que entrou «chorando» ao que pouco puideron facer as locais. Pouco a pouco, as de Luchi foron mellorando en ataque, pero sen a fluidez habitual. Cara ao final da primeira parte, Leire marcou o 1-1 que deu ánimos ao equipo, pero nun mesmo minuto, Castro logrou dous goles que deixaban o marcador en 1-3 ao descanso.

Na segunda parte, as capitalinas saíron máis tranquilas e conscientes de que non sería fácil. Xeraron máis ocasións e comezaron a remontada co gol de Marina no minuto 34, poñéndose 2-3. O empate 3-3 chegou nun momento decisivo cando, tras sair as da Terra Chá con porteira xogadora , a defensa do Lugo Sala estaba preparada e, nun erro rival, provocouse a expulsión dunha xogadora visitante. Nos últimos compases, nun contragolpe in extremis, Marina marcou o gol definitivo que fixo que o Lugo Sala recollese unha vitoria heroica por 4-3, aguantando o último minuto ante as arremetidas visitantes.

Clave do partido: Non virse abaixo a pesar da adversidade

Frase de Luchi: “Foi un partido moi competitivo, moi bonito para ver e para xogar. Noraboa ó Castro por unha gran tempada e un gran traballo.”

Próximo enfrontamento: Agora espera Cidade de Ourense nas semifinais, co campo aínda pendente de asignación.

Patrocinio