Un gran arranque e unha sólida segunda parte permiten ao Lugo Sala levarse os tres puntos nun partido marcado pola intensidade
Cadete Feminino Preferente
Superti Ribeira FS vs Lugo Sala Frain
Resultado ao descanso: 0–2
Resultado final: 0–3
Aliñación Superti Ribeira FS: Sainza, Nerea, María Granero, Antia, Alma
Banquiño Superti Ribeira FS: Paula, Xenia, Sara López, Uxue, Shaila
Aliñación Lugo Sala Frain: Nati, Cande, Leire, Andrea, Ale
Banquiño Lugo Sala Frain: Juanita, Nadia, Alba
Goleadoras:
— Lugo Sala Frain: Cande, Ale, Alba
Destacadas da xornada:
— Superti Ribeira FS: Shaila, Uxue, Sara López
— Lugo Sala Frain: Cande, Ale, Nati
Resumo do partido:
O Lugo Sala Frain comezou o derbi cunha gran intensidade, cun enfoque claro dende o principio: sen dar tregua e sendo moi disciplinadas en defensa, ademais de buscar as opcións de gol con rapidez. A primeira ocasión chegou pronto, cando Alexia abriu a lata tras un balón longo e, pouco despois, Cande ampliou a vantaxe con un golpeo exterior que deu tranquilidade ao equipo visitante. A partir dese momento, o encontro asentouse nunha atmosfera de tensión, con ambas partes creando e xerando perigo , pero sen ocasións claras. Antes do descanso, o Ribeira logrou apretar un pouco máis, facendo dano con balóns diagonais que lles permitiron meterse no partido, pero sen cambiar o marcador.
Na segunda parte, as de Luchi mantiveron a calma e a concentración. O partido seguiu igualado en ocasións, pero o equipo visitante foi mellor no aspecto defensivo, coa actuación destacada de Nati baixo paus. O ataque visitante continuou sendo liderado por Candela e Alexia, que non permitiron que as xogadoras de Cabanas se metesen no partido. O gol de Alba, tras unha boa presión, selou a vitoria por 0–3, mentres que o Ribeira intentou reaccionar xogando de 5, pero a defensa do Lugo Sala Frain foi moi sólida e non permitiu máis sorpresas.
Clave do partido:
A tranquilidade do Lugo Sala Frain, que soubo xestionar a vantaxe e manter o control do xogo en todo momento, xunto co inicio erratico do Ribeira.
Frase de Cabanas:
«Temos que seguir traballando semana a semana.»
Frase de Luchi:
«Era un encontro moi importante para ambos equipos, supoño que nos o xestionamos mellor e mantivemos a cabeza máis fría.»
Próximo enfrontamento:
— O Lugo Sala Frain descansará polo Carnaval e logo recibirá ao Lago Sport.
— O Superti Ribeira FS tamén descansará e terá tempo para preparar o seguinte encontro, que será o último da liga regular.