A pesar dunha gran melloría, os lucenses non conseguiron sacar tallada nun encontro moi igualado.
Xuvenil División de Honor
Lugo Sala Acasti Reformas – Trepalio León
Resultado ao descanso: 0-2
Resultado final: 2-3
Aliñación: Vila, Braisete, Iago N., Mera, Sanfiz
Banquiño: Antón B., Dela, Maikol, Seo, Lois, Rodrigo, Dorado, Yagolin
Goleadores: Dorado, Dela
Destacados da xornada: 1- Sanfiz 2- Iago N. 3- Vila
Resumo do partido:
A primeira parte foi moi competida e igualada, pero o Lugo Sala non conseguiu manter o control do partido en accións puntuais. O Trepalio León logrou adiantarse co 0-1 nunha transición rápida ao pouco de comezar o encontro, e volveu ampliar a vantaxe cunha xogada individual ao final da primeira metade, deixando o marcador en 0-2 ao descanso. Na segunda parte, os lugueses melloraron notablemente e xeraron moitas ocasións, pero non conseguiron materializalas ata que chegou o 1-2, que reduciu as distancias. A pesar da boa reacción, os visitantes volveron ampliar a súa vantaxe e mantíverónse por diante. Nos últimos segundos do partido, o Lugo Sala puxo en marcha o porteiro xogador, conseguindo un gol co que fixo o definitivo 2-3, pero xa sin tempo suficiente para evitar a derrota.
Clave do partido: Ir sempre a remolque no marcador impediu que o Lugo Sala lograse a remontada.
Frase de Christian:
«Partido bastante completo do equipo que non tivo recompensa en forma de puntos»
Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala Acasti Reformas desprazarase a Ferrol para xogar contra O Parrulo.