Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala quedou ás portas dos puntos en Salamanca na División de Honra

O equipo lucense empatou no segundo tempo, pero un erro defensivo costoulle a vitoria no último minuto.

Salamanca F.S. – Lugo Sala Acasti Reformas
Xuvenil División de Honra – Fútbol Sala

Resultado ao descanso
: 1-1
Resultado final: 4-3

Aliñación: Vila, Rión, Dela, Yagolin, Aitor

Banquiño: Adri F., Iago Nuñez, Sanfiz, Lois

Goles: Lois, Dela, Sanfiz

Destacados da xornada:

  1. Iago Nuñez
  2. Sanfiz
  3. Rión

Resumo 1ª parte:
O Lugo Sala Acasti Reformas iniciou o partido cunha certa descoordinación defensiva, que permitiu ao Salamanca F.S. xerar varias ocasións de perigo, especialmente a través de xogadas individuais e disparos exteriores. Non obstante, ao longo da primeira metade, os lucenses foron mellorando a súa intensidade e control do balón, conseguindo igualar o encontro tras unha rápida transición. Aínda que o rival adiantouse cun gol a balón parado, o Lugo Sala respondeu ben, pelexando polo empate que logrou ao descanso. O partido, aínda igualado, deixaba boas sensacións para a segunda parte.

Resumo 2ª parte:
A segunda metade foi un espello do nivel de competitividade que os dous equipos mostraron durante todo o partido. Os lucenses melloraron en defensa, facendo fronte ás acometidas do rival, que fixo dano cun novo gol de falta directa e cunha xogada individual ben executada. Non obstante, a reacción dos de Christian non se fixo esperar, facendo gol nun penalti e outro de balón parado, permitindo ao equipo lucense igualar o marcador a 3-3. Nos últimos minutos, o encontro foi un auténtico vaivén de accións, e o Lugo Sala, coa súa presión alta, estivo cerca de levarse os tres puntos. Un erro defensivo xogando con porteiro xogador permitiu ao Salamanca F.S. lograr o gol definitivo a falta de 5 segundos.

Clave do partido:
A incapacidade de poñerse por diante despois de alcanzar o empate 3-3 foi decisiva para a derrota final.

Expulsión:
Adri F.

Frase do adestrador:
«Partido moi traballado e moi competido que non tivo o premio dos puntos.»

Próximo rival:
Carballiño

Advertisement