Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala quedou ás portas da gran final polo título cadete masculino

O soño do Lugo Sala Acasti Reformas de disputar a final das eliminatorias polo titulo da Liga Cadete Masculina,  esvaeuse este domingo no pavillón universitario CUVI de Vigo, tras caer derrotado por 6-1 ante ED Vigo 2015, nun partido único de semifinais marcado pola efectividade local e a falta de acerto dos lucenses, que malia xerar moitas ocasións, non puideron transformar en goles o seu bo xogo.

ALIÑACIÓN INICIAL:Vila, Brais, Dela, Álex, Sergio 

Banquiño:Adri, Adri S., Yago, Varela, Antón, Martín, Pablo 

Goleador: Varela

Un inicio prometedor, truncado pola pegada do rival

O encontro comezou cun Lugo Sala moi metido no partido, dominando en tramos e xerando ocasións claras de gol. Porén, a falta de acerto e a gran calidade individual do ED Vigo 2015 marcaron as diferenzas. Os vigueses aproveitaron dúas accións de talento para poñerse por diante no marcador, e pouco despois ampliaron a vantaxe cunha brillante xogada individual que supuxo o 3-0. A reacción lucense chegou con un gol de Varela, tras unha boa acción persoal, pero os locais volveron golpear antes do descanso cun balón oa espazo que acabou no 4-1.

Tentativa de remontada e sentenza vigues

Na segunda metade, os de Christian intentaron por todos os medios recortar distancias, incluso apostando polo porteiro-xogador. A iniciativa non deu os froitos desexados e sería novamente o ED Vigo quen sacaría proveito, culminando con éxito unha boa saída de presión para anotar o quinto tanto. O Lugo Sala seguiu insistindo e chegou con perigo, pero a fortuna non estivo do seu lado. No último minuto, os locais pecharon o marcador cun 6-1 que xa resultaria definitivo.

Valoración do adestrador

Ao remate do partido, Christian recoñeceu a superioridade do rival: 

«Partido no que o rival foi superior, pero que non empaña o gran traballo do equipo durante toda a tempada.»

Fin de tempada para un grupo exemplar

Con esta derrota, e tras a eliminación da Copa o pasado mes de marzo, o Lugo Sala pon fin á súa tempada. Un curso no que os lucenses demostraron compromiso, progresión e identidade de equipo, e onde todos os xogadores foron sinalados como destacados nesta semifinal, reflexo da unidade e entrega colectiva que caracterizou ao grupo.

Patrocinio