Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala pagou o exceso de relaxación na cadete Preferente masculina na Coruña

O Lugo Sala Acasti Reformas, situado na segunda posición da clasificación con 16 puntos, viaxaba ata A Coruña para medirse ao Galicia Gaiteira F.S., que chegaba tras dúas vitorias consecutivas e ocupaba o quinto posto con 10 puntos. O conxunto lucense afrontaba este encontro con ilusión, pero sabían que debían estar ao 100% para levarse os tres puntos.

Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas: 

Adri F., Brais, Álex, Sergio, Adri S. 

Banquiño: Pablo, Varela, Martín, Yago, Dela, Samu 

Goles do Lugo Sala Acasti Reformas: 

Dela (2), Adri F. (1)

A primeira parte comezou de forma tranquila, con poucos minutos de desenvolvemento intenso e moito xogo desde fóra da área por parte do Lugo Sala. Os locais, o Galicia Gaiteira, tamén buscaron as súas ocasións, especialmente a través de contras rápidas. O marcador mantubose igualado durante gran parte do tempo, pero a poucos minutos do descanso, os locais lograron adiantarse cunha xogada cargada de rexeites dentro da área, que fixeron que o Lugo Sala non puidera despexar correctamente. O 1-0 con que se chegou ao descanso foi o reflexo dun primeiro tempo no que as oportunidades foron limitadas, para ambos conxuntos.

Resumo da 2ª Parte: 

A segunda metade do encontro, con todo, foi completamente diferente. O ritmo aumentou substancialmente, e o Lugo Sala tratou de responder aos intercambios de golpes co Galicia Gaiteira. Non pasaran tres minutos cando, tras unha transición que parecía prometedora para o Lugo, os locais aproveitaron a súa ocasión para marcar o 2-0.

Foi logo cando o Lugo Sala reaccionou e reduciu distancias co gol de Adri F., que fixo o 2-1 e devolveu a esperanza ao conxunto lucense. Non obstante, a resposta do Galicia Gaiteira chegou rapidamente e, a pesar dos esforzos do Lugo, o 3-1 chegou poucos minutos despois. A partir de aí, a remontada foi unha tarefa complicada. O Lugo continuou loitando, e o 3-2 chegou a través de Dela, que tamén sería o autor do 4-3.

Co marcador a favor do Galicia Gaiteira por 4-3, o Lugo arriscou sacando o porteiro xogador para intentar igualar o encontro. Durante eses minutos finais, tiveron varias ocasións claras, pero non puideron materializalas. A falta de tan só 6 segundos para o final do encontro, o Galicia Gaiteira selou a vitoria cun disparo de campo a campo que rematou no fondo da rede, deixando o resultado definitivo en 5-3.

Clave do partido: 

O Galicia Gaiteira tivo un maior ritmo competitivo en momentos clave, que lles permitiu facer fronte aos esforzos do Lugo Sala e, finalmente, levarse os tres puntos.

Palabras de Christian ;

«Partido que nos ten que servir para aprender e darnos conta de que cada equipo nos esixe o 100% en cada encontro. Se non competimos ao noso mellor nivel, é moi complicado obter resultados.»

O seguinte reto do Lugo Sala será na casa, en Lugo, contra o líder da competición, “O Parrulo F.S.” de Ferrol, un equipo que chega cunha xeira de 7 partidos sen perder. Un encontro que promete ser de gran intensidade.

Patrocinio