
O Lugo Sala Acasti logrou unha importante vitoria por 7-3 ante o CD Tres Columnas no encontro disputado no Pavillón do Palomar en Lugo, nun partido correspondente á división Xuvenil Honra. A primeira metade, que finalizou 2-1, foi moi disputada, pero foi na segunda parte cando o equipo local demostrou a súa calidade e pechou o encontro cunha ampla vitoria.
Resultado no entretempo; 2-1
Resultado final; 7-3
Alineación inicial do Lugo Sala Acasti:
Adrián, Javier, Diego Pérez, Pedro e Hugo
Banquiño:
Antón, Anxo, Dela, Marcos, Iago e Diego Mera
Goledores:
Pedro, Javier (2), Diego (2), Hugo e Anxo
O partido comezou con moito ritmo por parte de ambos os equipos, sendo o Tres Columnas o que saltaba á pista cunha intensión clara, loitar por saír da zona baixa e evitar o descenso. O Lugo Sala, a pesar da presión do rival, non tardou en mostrar o seu dominio e aos 2 minutos, Pedro inaugurou o marcador para o equipo local. Tan só 6 minutos despois, Javier ampliaba a vantaxe , deixando claro que o Lugo Sala ía a por todas.
A pesar das ocasións para ambos os equipos, o marcador non se moveu ata o último minuto antes do descanso, cando o equipo visitante recortaba distancias cun gol que deixaba a cousa 2-1 no intermedio.
Na segunda parte, o Lugo Sala comezou a sentenciar o encontro con dous goles en apenas 5 minutos. A pesar de que o Tres Columnas non baixou os brazos e recortou a diferenza, para poñer o 4-2 no electrónico, o equipo local non deu opción ao rival e, en só 5 minutos, anotou 3 goles máis que deixaban o marcador en 7-2. Antes de que soara o pitido final, o Tres Columnas lograba un gol máis, pero a vitoria xa estaba sentenciada cun 7-3 definitivo.
O partido destacou por un alto nivel de xogo e tamén por unha gran versión do Lugo Sala, que, como apuntou o seu adestrador Jose, demostrou o bo momento de forma que atravesa o equipo.
Frase do adestrador José:
«Noraboa aos xogadores polo bo partido e por dar todo en cada xogada.»
A vitoria deixa ao Lugo Sala Acasti con boas sensacións de cara á próxima xornada, na que visitará Salamanca para enfrontarse ao Ecotisa Salamanca F.S. Unha semana máis, o equipo deberá seguir loitando pola súa consolidación na parte media alta da clasificación.
O Lugo Sala Acasti, co seu xogo de equipo e a súa intensidade, segue demostrando ser un dos equipos a ter en conta nesta tempada.

