Os lucenses suman a quinta vitoria consecutiva nun encontro moi duro, demostrando oficio e madurez competitiva.
Cadete Preferente Masculina
Noia FS vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 2-3
Alineación:
Álvaro, Gabri, Xoel, Mateo, Lucas
Banquiño:
Antón, Pedro, Alan, Pepe
Goleadores:
Antón, Xoel, Alan
Destacados da xornada:
Antón, Lucas, Alan
Resumo do partido:
O Lugo Sala visitou unha pista sempre complicada e logrou sumar tres puntos fundamentais para continuar na parte alta da táboa, alcanzando xa cinco xornadas consecutivas gañando e situándose a só dous puntos do segundo clasificado, o Troula Betanzos. A primeira parte estivo marcada pola igualdade, sen dominio claro dun equipo sobre o outro, aínda que os lucenses gozaron das ocasións máis claras, aínda sen lograr materializalas ata o tramo final do período. Na segunda metade a dinámica non mudou demasiado: o Lugo Sala tiña a posesión, pero custáballe xerar ocasións claras, mentres que o Noia sacaba partido de situacións illadas para empatar o encontro ata en dúas ocasións. Unha acción de estratexia permitiu aos lucenses poñerse novamente por diante e, pese a dispoñer de opcións moi claras para sentenciar nos últimos minutos, o marcador non se moveu. O equipo soubo sufrir, ser sólido atrás e demostrar carácter para asegurar outro triunfo moi valioso fóra da casa.
Clave do partido: A pesar de non estar acertados en algunhas fases do xogo, ser capaces de sacar adiante este tipo de partidos.
Frase de Miki:
«Unha vitoria importante a pesar de non haber feito un bo partido, ante un rival que sempre deu a cara.»
Próximo enfrentamento:
Derbi da cidade de Lugo contra o Ribeira FS, un partido de máxima intensidade no que o Lugo Sala buscará prolongar a súa excelente dinámica.