O Lugo Sala Acasti Reformas logrou unha importante vitoria por 4-6 no partido disputado no mediodía do sabado en Redondela contra o conxunto local, Redondela F.S., na que foi a primeira xornada da segunda volta desta tempada na División de Honra Xuvenil.
O encontro comezou cun Lugo Sala dominador, con gran intensidade e chegando con claridade á portería rival. O equipo de José fixo o primeiro gol no minuto 3, grazas a unha boa definición de Anxo Veiga, que colocou aos visitantes por diante no marcador. A partir dese momento, o Redondela F.S. conseguiu reaccionar e, aproveitando dous erros defensivos do Lugo, fixo dous goles en apenas dous minutos, pasando a liderar o encontro 2-1.
O equipo Lucense fixo un esforzo grande para non caer baixo a presión dos locais, especialmente cando alcanzaron rapidamente as cinco faltas acumuladas, o que lles obrigou a moderar a súa intensidade para non arriscar á sexta falta, que suporía un penalti. A pesar diso, o Lugo Sala non baixou os brazos e, cun xogo moi ordenado, conseguiu pechar ao Redondela na súa propia metade do campo. Finalmente, a falta de cinco minutos para o descanso, David Dorado marcou un gol importante que igualaba o marcador 2-2, co que se chegaría ao intermedio.
A segunda parte comezou moito máis intensa para os visitantes, que saíron ao campo cunha mentalidade renovada. No minuto 4, Iago Núñez puxo ao Lugo por diante, 2-3, nunha acción colectiva que evidenciaba o bo xogo do equipo. Pero a alegría foi curta, xa que no minuto seguinte, o Redondela empataría 3-3 grazas a unha boa xogada de equipo. Con todo, o Lugo Sala non se desanimou e, tras ese empate, puxo un paso máis no seu xogo, e con dous goles máis de Anxo Veiga e Iago Núñez (3-5), e un último gol de Javier García (3-6), sentenciaron o partido.
O Redondela F.S. intentou reaccionar co xogo de 5, pero non puido evitar que o Lugo Sala sumase tres puntos valiosos na súa loita pola parte alta da clasificación. Finalmente, o equipo local conseguiu un gol máis, fixando o 4-6 definitivo.
Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas:
Xurxo dos Santos Souto, Anxo Veiga González, Diego Pérez Caloto, Pedro Fernández López, Iago Núñez Pereira.
Banquillo: Diego Mera Morales, Hugo Sanfiz Álvarez, David Dorado Márquez, Javier García Arrojo, Alejandro González Iglesias, Mitxel de Sousa Rodríguez.
Goles do Lugo Sala:
0-1 Anxo Veiga
2-2 David Dorado
2-3 Iago Núñez
3-4 Anxo Veiga
3-5 Iago Núñez
3-6 Javier García
Os tres mellores xogadores do Lugo Sala:
3 puntos: Iago Núñez Pereira
2 puntos: Anxo Veiga González
1 punto: Diego Pérez Caloto
Frase de Jose, adestrador do Lugo Sala:
» Tres puntos moi importantes cos que comezamos a segunda volta. Agora, hai que seguir traballando para mellorar e loitar por seguir sumando puntos na liga «
O Lugo Sala Acasti Reformas suma así tres puntos fundamentais que lles permiten seguir loitando por un posto na parte alta da clasificación, cun partido que evidencia tanto a súa capacidade de reacción como a súa solidez defensiva. Lugo Sala recibe a vindeira semana a Valladolid Sport Sala , cuarto na clasificación con 30 puntos a seis do Lugo Sala , no que pode ser o cuarto partido sin derrota do equipo lucense .