Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala infantil impónse con contundencia tras un gran segundo tempo

Os locais logran unha vitoria cómoda grazas a unha gran finalización tras un primeiro tempo competido

Infantil , Copa Galicia; 1ª Fase- Subgrupo 1D
Troula Betanzos FS vs. Lugo Sala Acasti
Resultado ao descanso: 2-4
Resultado final: 2-9

Aliñación: Gael, Pedro, Villa, Enzo, Iker
Banco: Nico Freire, Nuno, Erik
Goleadores; Iker (4), Nuno (2), Villa (2) e Pedro
Destacados da xornada: 1- Villa 2- Iker 3- Enzo


O encontro comezou cun ritmo moi alto, con ambos os equipos buscando tomar a iniciativa. O Lugo Sala Acasti tomou o control no inicio e fixo o 0-1, pero Troula non se quedou atrás e puxo presión ata empatar. A pesar de encaixar o segundo gol a balón parado, o Lugo Sala mantivo a súa compostura e comezou a crear moitas ocasións claras, aproveitando ben as súas chegadas e estando moi efectivo na finalización. Ao descanso, os lucenses marcharon cun 2-4 no marcador, un resultado algo curto para as ocasións xeradas.

Na segunda parte, os de Álvaro sairon moi centrados, mellorando a súa circulación de balón e facendo que o partido se fixera máis cómodo. Cando os goles comezaron a entrar, o equipo visitante soubo xestionar a súa vantaxe sen deixar espazo ao rival para reaccionar. Os de Betanzos tiveron poucas ocasións de perigo, grazas a unha defensa sólida do Lugo Sala, que non concedeu moito. O Lugo Sala Acasti, con boa finalización, ampliou a vantaxe e pechou o encontro cun 2-9 definitivo, nunha segunda metade onde o xogo foi de moita maior control e efectividade.

A vitoria foi clara, reflexando o bo traballo de todo o equipo, especialmente na finalización e na defensa. A diferenza no marcador tamén mostrou a melloría no xogo colectivo do Lugo Sala durante a segunda metade.

Clave do partido: A gran contundencia na finalización das ocasións.

Próximo rival:
O Lugo Sala Acasti Reformas pecha a primeira fase da Copa cunha vitoria e unha derrota.

Patrocinio