Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala Infantil impón a súa lei en Noia, e encadea outro triunfo

Os de Miki asináron unha vitoria traballada ante un rival que puxo as cousas máis difíciles do que reflexa a clasificación

Infantil Preferente Masculina
Noia FS vs. Lugo Sala Acasti

Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 2-4

Alineación: Asier, Enzo, Pedro, Villa, Iker Rojo
Banquiño: Antón, Nuno, Dani, Iker Ramos
Goleadores: Iker (3), Enzo

Destacados da xornada:

  1. Asier
  2. Iker
  3. Enzo

Resumo do partido:
O encontro comezou cun Noia moi atrevido, apostando por incorporacións constantes con porteiro xogador, o que mudou o ritmo do partido en varias fases. A pesares da diferencia na clasificación, o duelo estivo moi igualado desde o inicio. O Lugo Sala mostrouse moi sólido en defensa e logrou poñerse con dous goles por diante, apoiándose tamén en intervencións decisivas de Asier. Só no último minuto da primeira metade o Noia conseguiu reducir distancias tras varios arreóns que puxeron en alerta ao cadro visitante.
Na segunda parte, os lucenses, dirixidos por Miki, sairon totalmente enchufados, dominando o xogo e anotando con rapidez ata situar o 1-4 no marcador. A partir dese momento, o ritmo do partido baixou, e s locais, lonxe de renderse, buscaron meter presión ao final. O segundo gol dos locais deu paso a uns últimos minutos de desgaste, pero o Lugo Sala soubo resistir e pechar unha vitoria moi valiosa nunha pista sempre complicada.

Clave do partido: A concentración e a capacidade de romper o encontro nos primeiros minutos da segunda parte.

Frase de Miki: «Vitoria máis sufrida do que parece ante un rival bastante mellor do que dice a clasificación.»

Próximo rival: O Lugo Sala recibe ao Ribeira FS, nun derbi lucense que sempre esperta moita afección e promete un ambiente espectacular na bancada.

Advertisement