Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala infantil asinou táboas nun partido de poder a poder ante O Parrulo

Os de Miki non puideron levarse a vitoria tras unha segunda parte de alta tensión

Infantil Preferente Masculina
O Parrulo Ferrol vs. Lugo Sala Acasti Reformas

Resultado ao descanso: 1-3
Resultado final: 6-6
Alineación: Asier, Enzo, Iker Rojo, Nuno, Pedro
Banquiño: Iker Ramos, Antón, Dani, Gael
Goleadores: Enzo (3), Iker Rojo (3)
Destacados da xornada: Iker Rojo, Enzo, Asier

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas tivo un bo comezo, conseguindo dominar os primeiros minutos do partido e xerar ocasións claras. Aproveitaron ben as súas oportunidades, chegando ao descanso con vantaxe de 1-3, grazas á boa circulación do balón e unha defensa ordenada, con 2 goles de Enzo e un de Iker Rojo .
Na segunda parte, o equipo visitante saíu moi forte e marcou rapidamente o cuarto gol, por medio de Iker Rojo, pero os erros defensivos permitiron que O Parrulo Ferrol se achegase no marcador, logrando empatar e finalmente poñerse por diante,co 6-5 a falta de pouco tempo para o remate. Os lugueses non se deron por vencidos, e no último minuto, xogando con porteiro xogador, conseguiron igualar o encontro co terceiro gol de Iker Rojo, pechando un empate xusto tras un partido moi disputado e con moitas alternativas no marcador.

Clave do partido: Non pechar o partido e conceder goles que meteron ao rival no xogo.

Frase de Miki:
«Partido moi igualado, onde o reparto de puntos acabou sendo xusto.»

Próximo rival:
O Lugo Sala Acasti Reformas terá un derbi provincial contra os Meigallos, un partido que promete moita intensidade e no que se xogarán puntos moi importantes na clasificación.

Advertisement