Lugo Sala Acasti quedou cos tres puntos no derbi capitalino ante Ribeira Meizoso Fernández tras impoñerse por 6-0 na Casa do Deporte. Unha vitoria coa que Lugo Sala sobe ata a quinta praza, da que cae Ribeira. Pola súa banda, Casás caeu ante o líder, Viaxes Amarelle, no Palomar
O derbi entre Lugo Sala e Ribeira na Preferente infantil feminina estivo dominado polos locais nas áreas, sendo Alexia Quintela un pesadelo para Ribeira ao asinar un hat trick. Dous goles máis, levaron o selo de Marina González e Andrea Trigo pechou o marcador co 6-0 final.
Casás sufriu o potencial do líder, Viaxes Amarelle no Palomar, onde as lucenses non foron superadas pola calidade rival nun partido desigual.