Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala segue intratable na cadete feminina tras impoñerse a Villalba

O equipo capitalino ampliou a súa xeira triunfal cun traballado 4-2 no derbi provincial ante o FormaT Vilalba.

Cadete Preferente Feminina
Lugo Sala Frain vs FormaT Vilalba
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 4-2

Alineación: Nati, Andre, Ale, Uxí, Alba
Banquiño: Nadia, Cande
Goleadoras: Ale 2, Cande 2
Destacadas da xornada: Ale, Nadia, Cande

Resumo do partido:
O Lugo Sala Frain chegaba ao encontro coa moral polas nubes despois de encadear tres xornadas consecutivas gañando, pero o derbi provincial presentouse tan esixente como se esperaba. A primeira parte estivo moi igualada, con ambos equipos repartindo ocasións sen perigo excesivo. O xogo horizontal das locais e a maior verticalidade do rival deron lugar a 25 minutos sen un dominador claro e con erros defensivos que remataron en goles, deixando o marcador nun 1-1 ao descanso.
Na segunda metade, tras unha conversa seria no vestiario , o equipo deu un punto máis de intensidade, buscou con maior decisión a portería rival e tratou de xogar con máis verticalidade. Aínda que non se conseguiu impoñer un dominio rotundo, o xogo de 5 con Nati foi clave para xerar ocasións e abrir espazos. Candela, determinante no pivote, e Ale, sempre ameazante en ataque, puxeron os goles necesarios para pechar unha vitoria traballada por 4-2 e manter a boa dinámica competitiva.

Clave do partido: Xogar por banda na busqueda de espazos.

Frase de Luchi: “Hoxe non foi o noso mellor partido pero polo menos sacamos 3 puntos para seguir arriba na táboa.”

Próximo enfrontamento: Despois do parón da ponte, o Lugo Sala Frain comezará a segunda volta contra O Parrulo Ferrol, un duelo sempre esixente no que o obxectivo será manter a boa dinámica e seguir firmes na parte alta da clasificación.

Advertisement