As capitalinas exhiron a súa forza e contundencia, sumando tres puntos para afianzar o seu liderado.
Sala Lugo Frain – Monterroso
Cadete Preferente Feminino
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 7-1
Aliñación: Nati, Andre, Ale, Nadix, Marina
Banquiño: Uxia, Leire, Cande, Juanita, Pete
Goleadores: Cande, Ale (4), Marina (2)
Resumo primeira parte: O Lugo Sala Frain comezou ben o partido, marcando un gol pronto, pero sen conseguir impoñer un ritmo alto de xogo. A intensidade non foi a desexada e o equipo sufriu para crear ocasións. A boa defensa e un replegue ordenado foron clave para chegar ao descanso sen perder o liderado no marcador.
Resumo segunda parte: Na reanudación, as lucenses saíron con máis forza en ataque, atopando espazos que lles permitiron crear superioridades numéricas. Aínda que a vitoria foi cómoda, a sensación xeral foi algo agridulce, pois as xogadoras saben que non deron todo o que podían na pista, especialmente no aspecto da intensidade.
Xogadoras destacadas: Ale, Marina e Andre
Clave do partido: Buscar os espazos no campo para xerar ocasións e goles.
Frase de Luchi: “Ainda que o resultado está ben, o traballo debe ser sempre innegociable.”
Próximo enfrontamento: FSF Castro Clínica García Rielo