Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala foi de máis a menos ante O Parrulo na Preferente cadete masculina

O equipo lucense mantivo o tipo na primeira metade, pero acabou superado pola intensidade e calidade do conxunto ferrolán.

Cadete Preferente: Lugo Sala Acasti Reformas contra Parrulo Ferrol FS

Resultado ao descanso: 2-4
Resultado final: 2-11


Aliñación: Álvaro, Gabri, Enzo, Pepe, Lucas
Banquiño: Joao, Mateo, Xoel, Alan, Antón
Goleadores: Gabri, Xoel

Destacados da xornada:
Álvaro, Pepe, Lucas

Resumo 1ª parte:
O equipo visitante levou o peso do partido dende o inicio, ante un Lugo Sala que tratou de crear perigo a través de rápidas transicións. As accións individuais dos Ferronláns e varios erros defensivos locais permitiron que o rival abrira brecha no marcador. Aínda así, os de Miki non perderon a cara ao encontro e, grazas a un gol nos minutos finais, marchoron ao descanso con opcións (2-4) e sensacións de seguir dentro do partido.

Resumo 2ª parte:
Trala reanudación, o Parrulo impuxo o seu ritmo e a súa superioridade física e técnica fixo efecto. Os lucenses non lograron manter o nivel competitivo da primeira metade e o conxunto visitante ampliou a súa vantaxe con facilidade. A falta de intensidade e de acerto dos locais provocou que o marcador final se disparase ata o 2-11, nunha segunda parte para esquecer.

Clave do partido:
A calidade individual e o ritmo competitivo do Parrulo, xunto coa falta de reacción local na segunda metade.

Frase de Miki :
Vitoria merecida dun equipo rival moi superior.

Próximo rival:
Piringalla

Advertisement