Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala despediu a tempada cunha vitoria na División de Honra xuvenil

Lugo Sala Acasti Reformas vs. ED Vigo 2015

Resultado ao descanso: 2-2 / Resultado final: 6-3

Alineación inicial: Iker Cupeiro Rois – Anxo Veiga González – Diego Pérez Caloto – Iago Núñez Pereira – Pedro Fernández López

Banquiño: Sergio Vila Candal – Yago Carreira Mejuto – Hugo Sanfiz Álvarez – David Dorado Marqués – Manuel José de la Torre Illán

Goleadores:  1-0 David – 2-1 Caloto – 3-2 Iago Núñez – 4-3 Pedro – 5-3 Hugo Sanfiz – 6-3 Hugo Sanfiz

Último partido da tempada para o Lugo Sala Acasti Reformas, que recibía no Pavillón Municipal ao ED Vigo 2015, equipo que chegaba a Lugo xogándose a permanencia, en pelexa directa co outro equipo da capital, o Ribeira f.s. Dende o inicio, o cadro local asumiu o control do encontro, cun xogo ofensivo e múltiples ocasións. No minuto 12 chegou o premio, David inauguraba o marcador tras unha boa xogada colectiva. A alegría durou pouco, pois o conxunto vigués empataba no minuto seguinte. O ritmo non baixou, e antes do descanso volveron marcar ambos equipos, o 2-1 foi obra de Caloto, para de seguido volver empatar os visitantes, deixando o marcador nun xusto 2-2 ao intermedio.

A segunda metade comezou cunha intensidade similar. E os lucenses volveron adiantarse co 3-2 con gol de Iago Núñez, pero un minuto despois o Vigo puxo o 3-3 nun inicio trepidante. A partir de aí, o Lugo Sala puxo unha marcha máis e decidiu ir con todo a polo triunfo. Pedro puxo por diante aos locais con calidade, e dous goles de Hugo Sanfiz , que asinou unha actuación estelar, certificaron a vitoria por 6-3. Un triunfo claro que pecha a tempada cun sabor doce para os lucenses, mentres que supón o descenso matemático para o ED Vigo 2015.

Os tres mellores do Lugo Sala Acasti Reformas:

3 puntos: Hugo Sanfiz

2 puntos: Iago Núñez

1 punto: Pedro Fernández

A clave do partido:

A ambición e intensidade do Lugo Sala na segunda parte foi determinante para romper o equilibrio no marcador e dominar o tramo final do encontro.

Este foi o último encontro da tempada. O Lugo Sala Acasti Reformas finaliza a campaña nunha sólida posición de metade de táboa e cun peche de tempada sobresainte.

Patrocinio