
No Pavillón de O Palomar vivíuse este pasado fin de semana un dos derbis máis esperados da tempada na categoría Cadete Preferente Masculina. O Lugo Sala Acasti Reformas e o Ribeira F.S. Autocares Álvarez ofrecéronlle ao público un encontro vibrante, cheo de intensidade, alternativas e goles, que finalmente caeu do lado visitante por un claro 3-6, nun partido que se decidiu, sobre todo, por un mal arranque local nas duas partes.
Aliñacións iniciais:
Lugo Sala Acasti Reformas: Vila, Yago, Dela, Martín, Antón
No banco: Adri, Álex, Sergio, Adri S., Sam, Gabri, Varela
Ribeira F.S. Autocares Álvarez: Erik, Álvaro, Mateo, Miguel, Iván
No banco: Hugo, Héctor, Brais, Iago
Primeira parte: reacción local tras dous mazazos iniciais
O choque comezou co dominio do Ribeira F.S., que aproveitou a falta de intensidade inicial do Lugo Sala para golpear pronto. Miguel, moi inspirado, asinaba un gol no minuto 1, que obrigaba ao cadro local a reaccionar. Os de Christian conseguiron sacudirse ese mal inicio e foron crecendo no encontro, acumulando ocasións claras durante máis de dez minutos, pero sen fortuna na finalización. Pero no 18 chegou o 0-2, de novo da mán de Miguel . Xa preto do descanso, unha recuperación en media pista permitiulle a Álex recortar distanzas, poñendo o 1-2, e mandar o partido ao descanso con esperanza.
Segunda metade: dous golpes que fixeron moito dano
Pero se o inicio do primeiro tempo fora frío, o arranque da segunda parte foi aínda máis custoso para o Lugo Sala. O Ribeira, moi efectivo, aproveitou dous erros locais para marcar por medio de Álvaro e Mateo, establecendo un 1-4 que se fixo moi difícil de levantar para os de locais. A pesar diso, o Lugo Sala non baixou os brazos. Varela, tras unha boa transición, marcou o 2-4, pero pouco despois, unha acción individual de Brais puxo o quinto para o Ribeira. Co porteiro-xogador, os locais conseguiron recurtar distancias grazas ao tanto de Dela , pero novamente Brais, con sangue fría, sentenciou co 3-6 definitivo.
Goleadores:
Lugo Sala Acasti Reformas: Álex (1), Varela (1), Dela (1)
Ribeira F.S. Autocares Álvarez: Miguel (2), Álvaro (1), Mateo (1), Brais (2)
Claves do encontro:
– Lugo Sala: O mal inicio da segunda metade, encaixando dous goles moi seguidos, foi determinante.
– Ribeira F.S.: A capacidade para castigar os erros do rival e manter a orde táctica durante todo o encontro.
Christian, adestrador do Lugo Sala ;
«Partido de moito aprendizaxe para darnos conta de que é importante competir durante todo o partido e saber entrar ben tanto no inicio como trala volta do descanso.»
Próximo reto para Lugo Sala: eliminatorias polo título
O Lugo Sala xa pensa na seguinte cita: as eliminatorias polo título, onde se enfrontará ao ED Vigo 2015 nun duelo a ida e volta que promete emoción a raudais e o mellor fútbol sala galego desta categoría. Os lucenses queren seguir medrando e este derbi foi, sen dúbida, un paso máis no camiño.

