LUGO SALA LUGO PÉ 3 – 0 PIRINGALLA BARABAU
Partido disputado o sábado á 13:10 no Pavillón Municipal .
Resultado ao descanso: 2–0 Resultado final: 3–0
Nun ambiente cargado de emoción e rivalidade, o Pavillón Municipal foi o escenario da gran final da Copa Benxamín, un auténtico derbi local entre o Lugo Sala Lugo Pé e o Piringalla Barabau, que non defraudou en intensidade e entrega.
Lugo Sala Lugo Pé:
Hugo Castaño – Iago – David – Jano – Hugo López
Banquiño: Manuel – Daniel – Erick – Gabriel – Mara – Erik
Piringalla Barabau:
Álvaro – Mateo – Alejandro – Bosco – Lucas
Banquiño: Óscar – Ares – Izan – Manuel – Nicolás
CAMIÑO ATA A FINAL
O Lugo Sala Lugo Pé acadou a final tras impoñerse nas semifinais ao seu irmán de clube, o Lugo Sala Kastel C, cun traballado 1-3. Pola súa parte, o Piringalla Barabau chegou con forza tras dar a sorpresa ao eliminar ao campión de liga e un dos favoritos, o Ribeira F.S. Pinturas Jorge, por un axustado e heroico 3-2.
PRIMEIRA METADE: EFICACIA E CONTROL
O encontro arrincou cun ritmo trepidante, con alternativas e transicións rápidas por parte de ambos equipos, aínda que sen un claro dominador. A tensión e o respecto mutuo marcaban os primeiros minutos, pero co paso do tempo o Lugo Sala Lugo Pé foi asentándose na pista.
No minuto 10, Gabriel, tras unha xogada ben elaborada, adiantou aos locais cun disparo preciso para o 1-0. A resposta da Piringalla non se fixo agardar, con intentos e chegadas perigosas, pero foi o Lugo Sala quen volveu golpear. No minuto 14, Jano aproveitou una boa xogada para asinar o 2-0, marcador co que se chegou ao descanso.
SEGUNDA METADE: RESISTENCIA E SENTENZA
A segunda parte comezou con patrón similar, moita loita no medio da pista e ocasións illadas. Os de Roberto Febrero, non baixaron os brazos e buscaron recurtar distanzas, xerando algunha ocasión clara que puxo en apretos á defensa rival.
Con todo, no minuto 31 apareceu Erik para sentenciar o partido co 3-0, o que deixou sen resposta ao rival. A pesar do marcador, o Piringalla Barabau nunca se deu por vencida, loitando ata o final cunha actitude exemplar.
UN TÍTULO PARA O RECORDO
Co pitido final, o Lugo Sala Lugo Pé proclamouse campión da Copa Benxamín 2025 nun derbi que honra o fútbol sala lucense. Máis alá do resultado, a final deixou patente o talento e a paixón desta xeración de pequenos grandes xogadores, e puxo de relevo o excelente traballo das escolas deportivas da nosa cidade.