Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala caeu en Narón e xa prepara o derbi ante Ribeira na Copa cadete feminina

No Pabellón As Lagoas, en Narón, disputouse un intenso enfrontamento entre o Narón O Freixo e o Lugo Sala Dental Arias na Copa Cadete Feminina. O partido, marcado pola competitividade e a tensión, rematou cun resultado de 3-2 a favor das locais, nunha xornada que reflectiu as altas e baixas de ambos os equipos.

Resultado ao descanso: 1-0 

Resultado final: 3-2

Alineación do Lugo Sala Dental Arias: 

Natalia, Alexia, Andrea, Goya, Xela 

Banquiño:

Nadia, Sheila, Antía, Candela, Anthea*

Resumo da 1ª Parte: 

A escuadra luguesa saltou ao campo cunha mentalidade moi centrada e asentada. Durante os primeiros minutos, as ocasións foron poucas, e a intensidade do xogo mantívose equilibrada. O Narón O Freixo non foi capaz de xerar moito perigo, pero nun dos escasos ataques, conseguiu adiantarase no marcador. No minuto 24, cando parecía que o descanso estaba á volta da esquina, un gol das locais poñía o 1-0 no marcador, deixando ao Lugo Sala coas sensacións de que o partido aínda estaba por decidir.

Resumo da 2ª Parte: 

Na reanudación, o Lugo Sala mellorou a súa intensidade ofensiva, amosándose máis agresivas en busca do gol. As ocasións comezaron a chegar, pero a defensa do Narón aguantaba. As lucenses con portería xogadora en fases do partido, foilles difícil superar a defensa en “Y” que plantexaban as locais. O Narón logrou poñerse 2-0 arriba, pero as xogadoras de Luchi non baixaron os brazos. A resposta foi rápida, un gol en propia porta das locais recortou a distancia, poñendo o marcador 2-1 e deixando todo aberto. O partido seguiu moi igualado, e, finalmente, un erro na última liña do Lugo Sala derivou nun gol Naronés, que selou a vitoria 3-2. Unha vitoria que chegou por un erro, pero que, tal como destacou a entrenadora Luchi, foi un partido que ben puido caer para calquera dos dous lados.

Os Tres Mellores: 

– 3 PUNTOS: Candela

– 2 PUNTOS: Andrea 

– 1 PUNTO: Xela 

Clave do Partido: 

Estar dentro do partido dende o inicio, mantendo a concentración, pese aos erros cometidos, que terminaron por ser decisivos.

Frase de Luchi: 

«Un partido moi competido que puido caer para calquera lado, pero ao final os erros penalizan moito.»

Con este partido xa disputado, o Lugo Sala Dental Arias xa pensa na próxima xornada, na que recibirán como locais ao Ribeira F.S. Nun derbi local, as xogadoras de Luchi intentarán pechar a fase de grupos da Copa, cunha vitoria que lles permita seguir avanzando na sua formación.

Patrocinio