Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala cadete remonta e leva a vitoria nos últimos intres

A pesar das dificultades, os lucenses conseguen sumar os tres puntos grazas a un gol dende os 12 metros, nos minutos finais.

Cadete Preferente masculina
Alto do Vento vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 3-2
Resultado final: 4-5

Alineación: Asier, Mateo, Antón, Xoel, Gabri
Banquiño: Joao, Sergio, Pablo
Goleadores: Antón (2), Gabri (2), Xoel
Destacados da xornada: Antón, Asier, Xoel

Resumo do partido:
O Alto do Vento levou o control do partido no inicio, co balón, mentres que o Lugo Sala se plantaba ben en media pista. Os lucenses adiantaronse grazas a unha boa transición, pero en pouco tempo, tres duelos individuais provocaron que o equipo local lle dera a volta ao marcador. Nos últimos cinco minutos do primeiro tempo, Lugo Sala xerou algunhas ocasións claras, incluíndo un dobre penalti que lles deu o segundo gol. Na segunda parte, o Lugo Sala mantivo o seu plantexamento e comezou a abrir un pouco máis o partido. A partir dos 10 minutos, as ocasións lucenses foron claras, e tras un roubo conseguiron empatar. O Alto do Vento recuperou a súa vantaxe, anotando o cuarto gol, pero os do Miki non se deron por vencidos. A falta de 1 minuto e medio, un dobre penalti sentenciou a vitoria a favor do Lugo Sala, que mostrou gran carácter para remontar.

Clave do partido: Non irse do partido a pesar de haber tenido momentos de inercia negativa.

Frase de Miki:
«Partido de moito mérito debido as baixas coas que se acudía a xogar.»

Próximo enfrentamento:
Os lucenses reciben ao Galicia Gaiteira, co terceiro posto da clasificación en xogo.

Advertisement