Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala cadete puxo contra as cordas ao O Parrulo

Os de Miki competiron de poder a poder contra o líder, pero non logran remontar no tramo final.

Cadete Preferente Masculina
O Parrulo Ferrol vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 5-3

Alineación: Álvaro, Mateo, Antón, Lucas, Gabri
Banquiño: Joao, Sergio, Pablo, Xoel
Goleadores: Antón, Gabri, Lucas
Destacados da xornada: Antón, Álvaro, Lucas

Resumo do partido:
Nos primeiros 25 minutos, o Lugo Sala fixo un gran esforzo defensivo ante un rival moi potente, mantendo a igualdade no marcador grazas a varias boas intervencións de ambos porteiros. O equipo lucense tamén xerou ocasións claras a través de transicións e balón parado, pero non conseguiu materializalas. A segunda parte comezou cun mal inicio para os lucenses, que «regalaron» dous goles ao rival e viron como o Parrulo ampliaba a súa vantaxe. A pesar diso os de Miki reaccionaron e lograron meterse de novo no partido cun par de goles, deixando o marcador 4-3 a falta de 1 minuto e medio. Co porteiro xogador, o Lugo Sala tivo dúas ocasións claras para empatar, pero foron os ferrolás quenes aproveitaron un erro dos lucenses para sentenciar o partido.

Clave do partido: Ser EQUIPO durante os 50 minutos, ceñíndose ao plan de partido.

Frase de Miki:
«Partido de moitísimo mérito e moito compromiso colectivo, chegando con opcións de puntuar nos últimos minutos ante un rival que non perdeu ningún punto.»

Próximo enfrontamento:
Piringalla será o seguinte rival do equipo de Miki, nun derbi local que promete moita emoción.

Advertisement