O equipo lucense mostrou melloras no xogo e na mentalidade, sumando un importante triunfo
Cadete Preferente Masculino
Lugo Sala contra Alto do Vento FS
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 5-2
Aliñación: Álvaro, Gabri, Xoel, Pepe, Alan
Banquiño: Joao, Lucas, Mateo, Antón
Goleadores: Pepe (2), Antón (2), Joao
Destacados da xornada: Antón, Pepe, Mateo
Resumo do partido:
O encontro comezou cun Alto do Vento ben colocado en media pista, defendendo con orde e concedendo moi poucas ocasións, ante un Lugo Sala ao que lle custou entrar no ritmo do partido. Os primeiros 25 minutos foron moi igualados, sen un dominador claro e con moita loita polo control do balón.
Na segunda metade a dinámica cambiou: o conxunto visitante viuse obrigado a subir liñas tras o empate, e o Lugo Sala soubo aproveitar os espazos para volver adiantarse no marcador. A partir do terceiro gol, o equipo lucense xogou con máis confianza, xerando numerosas ocasións ata pechar o encontro cun claro 5-2.
Os últimos minutos servíronlle aos de Miki para xestionar o resultado e confirmar a súa melloría en aspectos tanto competitivos como mentais.
Clave do partido:
Ser un equipo máis competitivo en aspectos que non son só técnicos ou tácticos.
Frase do Miki:
Haber sido máis competitivos tanto deportiva como mentalmente que en anteriores xornadas.
Próximo rival:
Os de Miki viaxan A Coruña para medirse con Galicia Gaiteira, partido que se espera do máis igualado, posto que ningún dos dous equipos queren alonxarse da parte alta da taboa.