Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala cadete desnivelou o marcador na segunda parte

O recambios Fraín impuxo a súa intensidade na segunda parte e logra un gran triunfo ante O Parrulo

Cadete Preferente Feminino – Copa, subgrupo 1A
Lugo Sala Recambios Frain vs O Parrulo
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 4-3

Alineación: Nati, Lei, Alba, Andre, Ale
Banco: Uxí, Cande, Mari, Nadix
Goleadoras: Cande, Alexia e Leire
Destacadas da xornada: Nati, Mari e Ale

Resumo do partido:
O Lugo Sala Recambios Frain saíu ao campo contra un O Parrulo que viña con poucos efectivos e con baixa intensidade. A confianza fixo que as lucenses se relaxaran e pensaran que o partido sería sinxelo, pero O Parrulo devolvéunas á realidade cando, no minuto 2, se puxeron por diante no marcador. As de Luchi reaccionaron pronto e conseguiron empatar rapidamente. O partido relaxouse algo e o rival asentou un ritmo máis tranquilo, permitindolles recuperar o alento .

Na segunda parte, as luguesas sairon moito máis activas, subindo a intensidade e facendo correr máis ao rival. A medida que avanzaba o partido, o Lugo Sala comezou a ter maior claridade cara á portaría e conseguiu anotar dous goles que as puxeron con vantaxe no eléctronico. O Parrulo non se deu por vencido e logrou remontar, cun dos mellores tramos de partido, creando varios momentos de perigo que Nati evitou na recta final. O remate foi unha tolemia de transicións e acción rapidas para os dous equipos, pero o Lugo Sala conseguiu materializar unha desas accións a falta de 2 minutos para o fina,l e quedou cos 3 puntos.

Clave do partido: A Intensidade que se propuxo en momentos puntuais

Frase de Luchi: “Na primeira metade pecamos de non ser o suficientemente intensas, pero na segunda soubemos solventalo.”

Próximo enfrontamento: Gran derbi copeiro contra o Ribeira.

Patrocinio