Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala Alevín segue metendo presión na loita polo primeiro posto

Vitoria sólida para colarse no primeiro posto, cun partido máis que o Alto do Vento. Ganar as 4 finais e esperar un pinchazo dos composteláns.

Alevín Preferente Masculina
Acasti Reformas Lugo Sala – Alto Do Vento FS
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-2

Aliñación: Nico, Quiroga, Mateo V., I. Villamor, Brais
Banquiño: Xabi, Otero, Enzo, Jano, Óscar Frey, Marco
Goleadores: Quiroga e Otero
Destacados da xornada: Quiroga, Mateo V., Nico

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas logrou un triunfo clave ante o Alto do Vento FS, colocándose líder da categoría, aínda que con un partido máis que o seu perseguidor. O equipo lucense comezou moi ben, cunha actuación ordenada e disciplinada, que lles permitiu adiantarse 0-1 grazas a un excelente golpeo de Quiroga. A pesar de ter varias ocasións para ampliar a vantaxe, o bo facer do porteiro rival mantivo o marcador igualado ao descanso. Na segunda metade, o Lugo Sala saíu coa mesma intensidade e, tras unha xogada de estratexia, ampliou a vantaxe cun gol de Otero. O rival pediu tempo morto e intentou cambiar a dinámica con porteiro/xogador, pero a defensa dos de Miguel Muñoz estivo firme. O equipo sufriu algo de cansazo no tramo final, pero Nico apareceu para resolver algún achegamento perigoso do rival. A pesar das ocasións perdidas para ampliar a vantaxe, o Lugo Sala mantivo o resultado ata o final, logrando así un 0-2 máis que merecido, que os convirte na besta negra dos favoritos, sendo o único equipo en restarlles puntos, gañando nos dous enfrontamentos de liga regular.

Clave do partido: A competitividade e a personalidade mostrada durante todo o encontro.

Lesión de importancia: Brais non puido seguir xogando despois do inicio da segunda parte.

Frase de Miguel Múñoz:
«No se puede ir un entrenador más contento con el trabajo del equipo, sin buscar excusas de bajas y demás, los chicos tuvieron mucha personalidad. Un orgullo.»

Próximo enfrontamento: O próximo rival será o A.J. Pombo Hércules FS.

Advertisement