Connect with us

Fútbol Sala

Loita titánica sen premio no marcador para Casás alevín masculino

Bo xogo, intensidade e fe ata o final nun partido decidido pola falta de acerto

Alevín Preferente Masculina
O Parrulo 4 – Casás 2

Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 4-2
Alineación: Anxo, Martín, Romay, Nico, Dani
Banquiño: Leo, Enzo, Eloi, Pablo Arias, Raúl
Goleadores: Pablo, Martín
Destacados da xornada: Todo o equipo

Resumo do partido:
O Casás asinou unha moi boa primeira parte, xerando varias ocasións claras de gol e practicando un xogo vistoso e combinativo. Porén, dous erros puntuais penalizaron en exceso ao equipo, que viu como O Parrulo aproveitaba esas accións para poñerse por diante no marcador. Lonxe de renderse, os de pequenos de Frei seguiron insistindo e, froito do seu bo facer, conseguiron recortar distancias antes do descanso. Na segunda metade, o Casás deu un paso adiante, amosándose máis intenso e mellor colocado sobre a pista. Cando mellor estaban os visitantes, chegou o terceiro gol local, aínda que os lucenses volveron meterse no partido cun novo tanto. Un rebote desafortunado acabou condicionando de novo o marcador, impedindo que o esforzo e as ocasións xeradas tiveran maior recompensa. Un encontro no que o resultado non reflicte o bo traballo realizado polo equipo.

Clave do partido: A pouca efectividade de cara a gol, malia o gran traballo colectivo.

Frase de Frei: “Los goles llegarán y llegarán pronto alegrías a este gran grupo”

Próximo enfrentamento: O Casás afrontará un atractivo derbi lucense fronte á Piringalla, nun partido no que ambos equipos buscarán a vitoria para non perder comba cos postos de salvación.

Advertisement