A pesar de adiantarse no marcador, o Ribeira non conseguiu manter a vantaxe e cedeu nos últimos minutos ante un competitivo Stellae Leis Pontevedra.
División de Honor – Ribeira F.S. Sibuscascoche
Ribeira Sibuscascoche vs. Stellae Leis Pontevedra
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 1-3
Aliñación ; Hugo Sánchez , Saúl, Héctor, Iago, Dani
Banquiño ; Pablo Dorado , Álvaro, Marco, Tubio, Mateo, Marcos, David, Iker
Gol: Saúl
Destacados da xornada
- Iago
- Saúl
- Tubio
Resumo da 1ª parte
O partido comezou con boas sensacións para o Ribeira Sibuscascoche. No inicio, o equipo dispuxo dun penalti a favor, pero Saúl non puido materializalo. Sen embargo, ao minuto seguinte, un roubo de balón e unha xogada individual de Saúl permitiron ao Ribeira marcar o 1-0 no marcador. A partir de aí, o dominio foi cambiante, co Ribeira tendo máis ocasións, pero sen lograr ampliar a vantaxe. O marcador non se moveu durante o resto da primeira parte, a pesar das oportunidades de ambos os equipos.
Resumo da 2ª parte
Na segunda parte, o Stellae Leis Pontevedra tomou o control do xogo ao principio, pero o Ribeira foi gañando protagonismo a medida que avanzaba o tempo. Numa xogada illada, un penalti permitiu ao equipo visitante empatar 1-1. A partir deste momento, o partido transformouse nunha loita de ida e volta, co Ribeira xerando varias ocasións mediante balón parado e xogadas de ataque posicional. Cando quedaba un minuto para o final, unha falta favoreceu ao Stellae, que executou un dobre penalti e logrou poñerse por diante, marcando o 1-2. O Ribeira intentou arriscar co porteiro xogador, pero no último minuto, o Stellae aproveitou a situación para sentenciar o partido, marcando o 1-3 final.
Clave do partido
O Ribeira non conseguiu ter acerto nos metros finais, a pesar de dominar en xogo e crear varias oportunidades.
Frase de Pablo Díaz;
“Moi orgulloso do ben que competiu o equipo durante os 40 minutos, creo que non tivemos premio pese a non ser peores contra un gran rival.”
Próximo rival
CFS Finura de Ibérico La Bañeza