Connect with us

Balonmán

Línea21 confirmou a súa candidatura infantil feminina ante Millavén

O equipo infantil feminino do Millavén CP Lucense viuse superado en todo momento polo Línea21, un dos rivais máis completos aos que se enfrontarán as lucenses nesta tempada. O conxunto local aproveitou o seu maior poderío físico para marcar diferenzas desde os primeiros minutos, deixando o encontro practicamente sentenciado ao descanso cun claro 19-5.

Na segunda metade, o Millavén mellorou as súas prestacións e competiu con máis confianza, deixando os medos no vestiario e ofrecendo unha mellor imaxe colectiva. As xogadoras lucenses lograron equilibrar o xogo e as forzas foron máis igualadas, aínda que o parcial de 8-5 acabou favorecendo novamente ás locais, para pechar o marcador nun definitivo 27-10.

Pola parte do Millavén CP Lucense, os goles foron obra de Uxía (5), Aicha (2), Lola (2) e Carlota (1).

O encontro foi dirixido polo árbitro Daniel González.

Advertisement