Connect with us

Fútbol Sala

Lago Sport non concedeu opcións ao Ribeira na Preferente alevín masculina

Os de César non puideron competir ante un equipo moi superior durante a maior parte do encontro.


Alevín Preferente Masculina
Lago Sport – Ribeira FS Autocares Álvarez
Resultado ao descanso: 5-0
Resultado final: 9-2

Alineación:
Thiago (P), Luca Bande, Manu Murado, Fabio, Pablo Rodríguez

Banquiño:
Luka Revaldería, Aarón, Eric, Mauro, Hugo Lanzos, Martín Fernández

Goleadores:
Martín Fernández, Hugo Lanzos

Destacados da xornada:

  1. Martín Fernández, 2. Luca Bande, 3. Hugo Lanzos

Resumo do partido:
O partido ante Lago Sport non foi para recordar. Dende o principio, o Ribeira FS Autocares Álvarez tivo dificultades para adaptarse ao ritmo imposto polo rival. En só 5 minutos, encaixaron 3 goles e non souberon reaccionar nin en ataque nin en defensa. A diferenza de nivel foi evidente, e o partido chegou ao descanso cun 5-0 que reflexaba perfectamente o que se estaba a vivir no campo.

Na segunda metade, o equipo saíu algo máis centrado e fixo un par de ocasións claras, pero, tras unha contra, o equipo das Pontes anotou o 6-0. Aínda que os lucanses intentaron achegarse ao marcador, lograron facer o 6-1 cun gran disparo de Martín Fernández. Pero o dominio do rival foi total e os goles seguiron caendo ata o 9-1. Xa no último minuto, Hugo Lanzos marcou o gol do honra, deixando o resultado final en 9-2.

Clave do partido:
Literalmente, non saímos ao partido.

Frase de César:
«Toca facer un reseteo deste partido e seguir traballando.»

Próximo enfrentamento:
O próximo rival será Troula Betanzos, no que se buscará a reacción tras esta dura derrota.

Advertisement