Connect with us

Balonmán

Intercambio de golpes sen premio para o Millavén cadete

Un partido aberto e de moitos goles cae do lado do Línea21 polo maior acerto ofensivo.

O Cadete Masculino do Millavén CP Lucense non puido sumar na súa visita ao Línea21 nun encontro no que o ritmo ofensivo marcou claramente o desenvolvemento do xogo. Ambos equipos apostaron por ataques rápidos, deixando as defensas nun segundo plano.

A primeira metade xa deixou entrever o guión do partido, cun elevado número de goles e un 24-17 ao descanso que daba vantaxe aos locais. O Millavén mantívose no encontro grazas á súa capacidade anotadora, pero non conseguiu frear o acerto rival.

Na segunda parte, o intercambio de goles continuou. Os lucenses melloraron as súas prestacións ofensivas, asinando 20 goles, pero o Línea21 respondeu na mesma liña, mantendo a diferenza e pechando o encontro cun 45-37 definitivo.

No apartado anotador destacou Brayan, máximo goleador con 14 tantos, acompañado por David (7) e André (6). Tamén contribuíron Héctor (3), Manu (2) e Óscar, Nuno, Rodrigo, Breixo e Ernesto (1 cada un), nun partido no que o equipo nunca deixou de competir.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Dani; Óscar (1), Nuno (1), Héctor (3), Rodrigo (1), David (7), Breixo (1), Brayan (14), Aryán, André (6), Ernesto (1) e Manu (2).

Árbitro: André Pena.

Patrocinio