Resultado final: Lugo Sala Código Car B 0 – 4 Concello de Guitiriz
Ao descanso: 0 – 3
LUGO SALA CÓDIGO CAR B:
Luis – Brais – Enzo – Xabier – Miguel
Banquiño: Marco – Mateo – Antón – Denis – Izan
CONCELLO DE GUITIRIZ:
Thiago – Mateo – Iker – Brais – Lucas
Banquiño: Noel – Iván – Adrián – Hugo
Pavillón Jonathan Carro Paz (Guitiriz), domingo 18:30 h. Ambiente de gala no pavillón municipal de Guitiriz para acoller unha final de altura da Copa Alevín 1ª de Futgal, cun partido entre dous vellos coñecidos: o Lugo Sala Código Car B e o Concello de Guitiriz, primeiro e segundo clasificados da liga respectivamente, e que xa brindaran un emocionante duelo no tramo final da tempada regular cun 2-3 favorable aos da capital.
O encontro chegou precedido dunha intensa fin de semana de semifinais: o sábado, o Lugo Sala deixaba fóra ao Piringalla Huno Peluqueros por un axustado 2-3, mentres que o Guitiriz vencía ao Piringalla Rosalía por 6-4, tras superar tamén en cuartos ao Castroverde nos penaltis e en oitavos con solvencia ao Lugo Sala Candelas C. Pola súa parte, os de Álvaro chegaron á final tras eliminar a Meigallos B en oitavos, Meigallos A en cuartos e ao citado Huno Peluqueros en semis.
Dominio absoluto do Guitiriz desde o inicio
Desde o asubío inicial, o Guitiriz amosou unha marcha máis, moi intenso na presión e con circulación rápida de balón. Aos 6 minutos chegou o primeiro golpe para o Lugo Sala, que encaixou o 0-1 tras unha xogada ben trenzada. O dominio do Guitiriz intensificouse e no minuto 10 ampliaban vantaxe co 0-2, obrigando aos da capital a remar contra corrente. Antes do descanso, os de Manuel Martínez asestaron outro duro golpe marcando o 0-3, resultado co que se chegou ao intermedio e que deixaba o partido moi encamiñado
Na segunda metade, o Lugo Sala buscou reaccionar con máis corazón que acerto, pero o Guitiriz mantivo a orde defensiva . A falta de cinco minutos para o remate, chegou o definitivo 0-4, que pechou o partido e selou a coroación Concello de Guitiriz como campións de Copa, asinando así una gran temporada.