O Ribeira En Bos Mans logrou un resultado contundente de 8-5 ante o Esteo, nun partido cheo de intensidade e emoción. O encontro foi dominado por parte do equipo local, que saíu con moita forza dende o comezo.
Ribeira F.S. Meizoso Fernández vs O Esteo F.S.Infantil Prefrente masculina
Resultado ao descanso: 6-3
Resultado final: 8-5
Alineación: Dani Prieto | Yoel Darriba | Unai Vazquez | Hugo Alvarez | Martin Ferreiro
Banquiño: Alex Freire | Pablo Piñeiro | Hugo Jartin | Pablo Arias | Matias Vlad | Adriano | Alberto Durán
Goleadores: Yoel Darriba (3), Adriano, Alex, Hugo Jartin, Hugo Alvarez, Pablo Piñeiro
Desde o pitido inicial, o equipo local imprimiu unha gran presión, non deixando respirar ao rival e logrando marcar tres goles que lles deron algo de tranquilidade. Sen embargo, unha pequena relaxación provocou que Esteo recurtase distancias, facendo o 2-3 tras aproveitar dúas faltas dos lucenses. Co marcador de 2-3, o Ribeira f.s volveu a subir a intensidade e, antes do descanso, o marcador pasou a 6-2.
O goleador do partido, Yoel Darriba, anotou tres tantos, sendo un dos grandes protagonistas. A pesares de que Esteo logrou marcar o terceiro gol antes do descanso (6-3), o Ribeira non perdeu o control.
Na segunda parte, os de César sairon de novo con moita forza. Tras dez minutos, o marcador xa reflectía un claro 8-3 grazas aos goles de Alex e Hugo Jartin. O Esteo intentou reaccionar, subindo a súa presión, pero o Ribeira soubo controlar o tempo e o xogo, limitando as opcións do rival. Nos últimos minutos, Esteo conseguiu marcar dous goles de dobre penalti, deixando o marcador final en 8-5.
Clave do partido:
A alta intensidade ao longo de todo o encontro, especialmente ao comezo de ambas as partes, foi a clave para a victoria do Ribeira, que nunca permitiu que Esteo se fixese co control do xogo.
Frase de César:
«Gran traballo dos rapaces que meten moitísima intensidade nos partidos. Temos que seguir nesta liña «