Connect with us

Uncategorized

Gran reacción do Ribeira malia quedar as portas da remontada na Preferente infantil masculina

O Ribeira F.S. en Boas Máns non puido prolongar a súa imbatibilidade de seis partidos sen coñecer a derrota, caendo por 2-3 contra o Alto do Vento F.S. nun encontro disputado no Pavillón Municipal de Lugo. A pesar dunha segunda parte de moito mellor nivel, o equipo local non conseguiu remontar os dous goles encaixados no primeiro tempo.

Resultado ao descanso ; 0-2

Resultado final ; 2-3

Alineación do Ribeira F.S.:

Sergio (porteiro), Martin, Dani Cabanas, Hugo Arrojo, Yoel. 

BANQUIÑO:

Ángel, Matías (porteiro), Aleix, Alberto, Ángel, Hugo Jartin, Antón.

Goles: Ángel, Antón

Primeira parte:

O encontro comezou con pouca intensidade por parte do equipo local. Sen ganas de presionar e sen a velocidade habitual, o Ribeira F.S. deixaba espazos ao rival. A primeira ocasión clara chegou no minuto 15, cando, tras un erro defensivo, o equipo visitante. logrou abrir o marcador cun impresionante disparo dende fóra da área que superou ao porteiro Sergio (0-1). Tras o gol encaixado, o Ribeira intentou reaccionar e, aínda que crearon varias ocasións para empatar, a falta de precisión impediu a igualada. A media hora, nunha perda de balón no centro do campo, os visitantes montaron unha contra perfecta que acabou co 0-2 antes do descanso.

Segunda parte:

A saída do vestuario foi completamente diferente. Os lucenses mostraron unha cara renovada, con moita máis intensidade e sen dar respiro ao rival. Nunha gran presión, o equipo local xerou varias oportunidades claras, pero a sorte aínda non estaba do seu lado. Non obstante, a perseveranza deu os seus froitos. Nun roubo de balón, Antón logrou anotar o gol que estreitou as diferenzas e subiu o 1-2 ao marcador.

A pesar do golpe que supuxo o terceiro gol visitante, que chegou tras un despiste defensivo que os de Santiago aproveitaron cunha contra mortal (1-3), o Ribeira F.S. non perdeu a esperanza. O equipo seguiu apretando e, grazas a unha gran xogada de Ángel, logrou o 2-3 a falta de 8 minutos. Nos últimos momentos, o Ribeira F.S. cercou a portería rival, pero a mala sorte volveu xogar unha mala pasada. Incluso no último minuto, un potente disparo dende dentro da área acabou na madeira, deixando sen premio a un gran esforzo colectivo.

Mellores xogadores:

– 3 puntos: Antón 

– 2 puntos: Ángel 

– 1 punto: Hugo Jartin

Clave do partido: O equipo regalou anacos da primeira parte, deixando pasar oportunidades importantes, e despois, malia mellorar moito no segundo tempo, a falta de acerto diante da porta rival impediu a remontada.

Frase do adestrador César:

«Estou moi orgulloso deste GRUPAZO, que sempre o dá todo ata o final.»

A próxima xornada levará ao Ribeira F.S. en Boas Máns ata A Coruña, onde se enfrontarán ao 5 Coruña F.S. nun partido, que de seguro, será vibrante.

Patrocinio