As lucenses estreáronse cun triunfo contundente e moito oficio ante O Parrulo.
Enfrontamento: O Parrulo – Lugo Sala Frain
Categoría: Cadete Preferente Feminino
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 0-9
Aliñación: Nati, Andre, Ale, Uxi, Marina
Banquiño: Nadix, Cande, Juanita, Pete
Goleadoras: Cande (2), Ale (4), Marina, Andrea, Nadia
Resumo primeira parte:
O Lugo Sala Frain iniciou o curso cunha posta en escena moi seria, cunha defensa intensa e moi ben organizada. As lucenses souberon adaptarse aos cambios ofensivos do rival, neutralizando con solvencia o seu xogo de cinco e xerando perigo constante nas transicións. Nati estivo providencial baixo paus, evitando varias ocasións claras de O Parrulo.
Resumo segunda parte:
Na reanudación, o Frain mantivo o mesmo nivel competitivo, sen ceder terreo pese aos intentos locais por meterse no encontro. As ferrolás rozaron o gol en dúas accións perigosas, pero as de Luchi responderon con serenidade, roubando balóns en zonas clave e convertendo esas recuperacións en goles que sentenciaron o encontro.
Xogadoras destacadas: Cande, Marina e Nati
Clave do partido:
A intensidade e seriedade coas que o Lugo Sala Frain afrontou cada fase do xogo.
Frase da adestradora:
“Os dous primeiros gois foron escandalosos, esas cousas axúdannos a confiar un pouco máis no que somos capaces de facer.”
Próximo enfrontamento: Monterroso