Connect with us

Voleibol

Golpe de autoridade en Vigo do Emevé infantil para recuperar o rumbo (1-3)

O Arenal Emevé infantil masculino rompe a mala xeira e afianza a quinta praza

Reacción no momento xusto do Arenal Emevé, que se impuxo por 1-3 na pista do Vigo (13-25, 13-25, 25-14 e 18-25) e volveu á senda da vitoria na Primeira División infantil masculina tras tres xornadas sen sumar.

O conxunto lucense entrou moi concentrado, marcando diferenzas desde o saque e amosando unha notable solidez defensiva nos dous primeiros sets, resoltos con claridade. Tras a reacción local no terceiro parcial, o Emevé soubo recompoñerse e recuperar a intensidade no cuarto, controlando o ritmo e pechando o encontro con autoridade.

A vitoria permite ao Arenal Emevé manter a quinta posición na clasificación, reforzando a confianza dun grupo que respondeu con carácter nun escenario esixente e nun momento clave da tempada.

Na próxima xornada, os lucenses recibirán na Casa do Deporte ao Maniotas, cuarto clasificado, nun duelo directo que pode resultar determinante para seguir escalando postos na táboa.

Advertisement