Connect with us

Fútbol Sala

Goleada de Lugo Sala Acasti na Preferente alevín masculina

O conxunto lucense asinou unha vitoria rotunda na cuarta xornada da Alevín Preferente, mostrando unha gran eficacia e madurez colectiva.

Partido: Acasti Reformas Lugo Sala – Carlin Lujo Lago Sport
Categoría: Alevín Preferente Masculina

Resultado ao descanso: 4-0
Resultado final: 7-0

Aliñación: Nico , Quiroga, Miguel M., Rafa, Oli.

Banquiño: Antón Otero, Mateo V., Iago A., Enzo, I. Villamor, Xabi, Marco .

Goleadores: Rafa, Antón Otero (2), Mateo V., Miguel M., Enzo e un gol en propia porta do rival.

Primeira parte
O Lugo Sala Acasti entrou moi metido no partido, e iso notouse dende o inicio co primeiro gol que abriu o camiño da vitoria. O equipo dominou con claridade, xerando ocasións continuas e concedendo moi pouco ao rival. O 4-0 ao descanso reflectía perfectamente o que se viu na pista.

Segunda parte
Tralo paso polos vestiarios, custou un pouco máis atopar fluidez, mérito tamén dun rival que subiu liñas para tentar recurtar distancias. Co paso dos minutos, os lucenses volveron coller o ritmo e ampliaron a vantaxe ata o 7-0 final, certificando unha nova exhibición ofensiva.

Xogadores destacados: Miguel M., Rafa, Antón Otero.

Clave do partido:
Saír enchufados dende o primeiro minuto fixo que todo fose máis rodado.

Frase do adestrador:
“Seguimos co noso crecemento como equipo.”

Próximo enfrontamento: Troula Betanzos FS.

Advertisement