Connect with us

Fútbol Sala

Galicia Gaiteira impúxose ao Ribeira Carpintería J.D.R. na Preferente cadete masculina

Os lucenses loitaron ata o final, pero a falta de acerto e a pegada rival decantaron o encontro

Partido: Galicia Gaiteira – Ribeira Carpintería J.D.R.
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 5-2

Aliñacións : Juan, Samu, Mario, Josito, Arrojo
Banquiño : Nacho, Álvarez, Aaron, Erik, Iago
Goleadores: Josito, Mario

Resumo 1ª parte:

Unha primeira metade moi igualada na que o Ribeira tivo máis oportunidades de cara ao gol, pero sen fortuna, ante un Galicia Gaiteira con planteamento defensivo. Nos últimos minutos, aproveitando un erro no saída de balón e unha falta, o Galicia Gaiteira puxo o 2-0. O Ribeira intentou reaccionar e a falta de 40 segundos para o descanso reduciu distancias cun 2-1.

Resumo 2ª parte:

Nada máis comezar a segunda metade, un gol do Galicia Gaiteira marcou a dinámica do encontro. O Ribeira mantivo o mesmo planteamento e gozou de varias oportunidades, sen éxito. No momento máis igualado, Galicia Gaiteira aproveitou unha transición para anotar o 4-1. Os lucenses responderon dous minutos despois cun gol tras unha falta á beira do área, fixando o 4-2. Ao subir a presión e buscar o empate, deixaron espazos atrás que o rival aproveitou para o 5-2 definitivo. O Ribeira tivo opcións ata o final, incluíndo un pau e un intento a través do porteiro xogador, sen sorte.

Clave do partido:

O acerto rival diante da portería e a frustración do Ribeira ante a falta de fortuna de cara ao gol marcaron o desenlace do encontro.

Destacados da xornada: Mario, Samuel, Iago

Frase do adestrador:

«Isto está comezando, toca aprender dos erros cometidos e pensar no que nos vén por diante.»

Próximo rival:

Pontedeume

Advertisement