Connect with us

Fútbol Sala

Ribeira pecha a primeira volta na División de Honra xuvenil gustándose ante Leis

O Ribeira F.S. Sibuscascoche conseguiu un importante triunfo por 4-1 ante o Leis Pontevedra F.S. no seu último partido da primeira volta da liga, un partido que significaba tamén o fin da súa mala racha, xa que non sumaban tres puntos desde o pasado 26 de outubro. Unha vitoria que chegou despois dunha primeira parte disputada e dunha segunda onde o equipo conseguiu impoñer a súa calidade e atopar a eficacia necesaria no momento chave.

A primeira metade foi un continuo vai e vén, co Ribeira F.S. saíndo moi enchufado e creando dúas ocasións claras nos primeiros minutos. Sen embargo, nunha das primeiras contras do Leis, o equipo visitante adiantábase no marcador (0-1). A pesar de verse por debaixo no marcador, o Ribeira non baixou os brazos e seguiu dominando o xogo, aínda que as contras do rival seguían sendo perigosas. O gran traballo de Cristian baixo paus foi determinante para manter a porta a cero noutros momentos de presión. Xa no tramo final do primeiro tempo, tras unha boa xogada colectiva, Danilo recibía dentro da área e empataba o partido cun remate que fixo o 1-1, resultado co que se chegaría ao descanso.

A segunda parte comezou con moita intensidade. Aínda que o xogo se volvía un pouco máis caótico, o Ribeira dispoñía de varias ocasións clarísimas para poñerse por diante, pero non acertaron de cara ao gol. Foron minutos de tensión, nos que o equipo visitante logrou controlar algo máis o xogo e estivo preto de marcar en varias xogadas, pero Cristian volveu estar providencial baixo paus, evitando o gol rival. A falta de tres minutos para o final, un contraataque perfecto do Ribeira, culminado por Tubio cunha vaselina espectacular, puxo por diante aos locais (2-1). O Leis arriscaba co xogo de 5×4, pero nun roubo de balón de Saul, o equipo visitante cometía a súa sexta falta, permitindo que o propio Saul executase e transformase o dobre penalti que ampliaba a vantaxe (3-1). Para rematar, nunha espectacular parada de Cristian, o porteiro do Ribeira enviaba o balón a portería contraria, facendo o 4-1 definitivo e sentenciando o partido.

O adestrador César destacaba o traballo e a confianza do seu equipo, que soubo manterse firme na busca da vitoria: «Gran traballo dos rapaces que sempre tiveron fé na victoria. Hai que seguir así.»

Alineación do Ribeira F.S.

1. Cristian (Porteiro) | 2. Marco Dorado | 3. Saul | 4. Xabi | 5. Adrián 

Banquiño: 6. Tubio | 7. Danilo | 8. Miguel | 9. Álvaro | 10. Mateo 

Goles: 

1-1: Danilo 

2-1: Tubio 

3-1: Saul  ( Dobre penalt )i 

4-1: Cristian

Os tres mellores do Ribeira F.S.: 

3 puntos: Saul 

2 puntos: Tubio 

1 punto: Cristian 

Agora, coas pilas cargadas tras esta victoria, o Ribeira F.S. prepara o seguinte encontro, que se disputará en Lugo contra o CD Tres Columnas de Ciudad Rodrigo, contra quen xa lograran unha vitoria por 3-4 no primeiro partido da liga.

Patrocinio