O Lugo Sala Dental Arias puxo fin á súa tempada cun encontro intenso ante o FSF Castro, correspondente aos oitavos de final da Copa Cadete. O equipo dirixido por Luchi caeu por un marcador de 6-1, malia unha boa posta en escena e unha actitude que honra o seu traballo ao longo de todo o ano.
Alineación inicial, Lugo Sala Dental Arias: Antia – Goya – Candela – Nadia – Sheila
Banquiño: Anthea, Uxi, Xela
Gol: Nadia
A primeira metade comezou con dominio e ambición por parte das capitalinas, que xeraron varias ocasións claras para abrir o marcador. Porén, a gran actuación da porteira local evitou calquera alegría visitante. Un erro defensivo penalizou duramente ao Lugo Sala, que encaixou o primeiro gol e sufriu un baixon anímico que o FSF Castro aproveitou para ampliar a vantaxe ata o 3-0 antes do descanso.
Na reanudación, as xogadoras do Lugo Sala non baixaron os brazos e ofreceron unha segunda metade moito máis equilibrada, demostrando carácter e orgullo. O gol de Nadia puxo xustiza ao esforzo das visitantes, pero non foi suficiente para darlle a volta ao marcador. O resultado final de 6-1 non reflicte fielmente a competitividade mostrada polo equipo visitante, especialmente nos primeiros minutos e na segunda parte.
A porteira do FSF Castro foi clave no encontro, sendo decisiva para manter a súa portería a cero nos momentos críticos do partido.
As mellores do Lugo Sala:
– 3 puntos: Candela
– 2 puntos: Goya
– 1 punto: Nadia
Declaración da adestradora, Luchi:
«Como lles dixen ás miñas xogadoras ao final do partido, perder deixando todo no campo como fixeron é para irse coa cabeza alta, xa que fixeron un gran partido.»
O Lugo Sala Dental Arias despide así a tempada cun sabor agridoce, mais coa satisfacción de ter competido ata o final e cun grupo que medrou ao longo de todo o curso.