Connect with us

Fútbol Sala

Fin de curso para Casás na categoría alevín feminina

O equipo alevín feminino do Casás pechou a súa participación na Copa cunha derrota ante O Parrulo F.S. nun encontro disputado este domingo no Pavillón da Malata. As xogadoras adestradas por Juan Carlos fixeron un esforzo notable durante todo o encontro, pero pagaron caros os erros iniciais na presión alta e nos repregues defensivos.

O Parrulo F.S. 6 – 0 Casás 

Descanso: 2-0

Alineación inicial de Casás: Cintia, Noa López, Nerea, Catalina, Uxía 

Banquiño: Yaisa, Aldara, Ildara, Noa Castro, África, Daniela

Primeira metade: bo inicio con dous erros fatais

Casás saíu coa intención de morder arriba e presionar a saída de balón rival, pero dúas descoordinacións na presión inicial foron aproveitadas polas locais para poñerse 2-0 antes do descanso. A partir dese momento, as visitantes conseguiron axustar as liñas e comezaron a roubar balóns en zonas altas, pero a falta de acerto nos metros finais impediu recortar distancias.

Segunda parte: insistencia sen premio

Na reanudación, Casás mantivo a mesma intensidade e conseguiu limitar as opcións do rival durante boa parte do segundo acto. Pero, o desacerto cara á portería e algunhas transicións mal finalizadas volveron pasar factura. O Parrulo aproveitou os espazos deixados atrás para pechar o marcador cun claro 6-0, quizais demasiado amplo para o visto na pista.

As destacadas do encontro ;

3 puntos: Aldara

2 puntos: Catalina. 

1 punto: Noa López.

Clave do partido segundo Juan Carlos:

 “Os erros na presión e nos repregues marcaron o encontro.”

 Declaracións do míster, Juan Carlos:

“Último partido da tempada cunha sensación agridoce, pero encantado coa progresión das nenas. Foi un ano moi bonito nunha categoría moi dispar.”

Aínda que a tempada remata cun marcador adverso, o crecemento do grupo ao longo do ano é innegable. Casás segue a medrar, sementando o futuro do fútbol sala feminino lucense.

Patrocinio