O conxunto lucense reaccionou con coraxe na segunda metade, pero non puido remontar a desvantaxe inicial.
Liga Preferente Cadete
Casás – Puentedeume
Resultado ao descanso: 1-4
Resultado final: 7-9
Aliñación ; David | Isra | Erik | David López | Raúl
Banquiño: Xoel | Lucas | Kike | Hernán
Goleadores :Isra (4) | David López (2) | Xoel
Destacados da xornada:
- David López
- Lucas
- Isra
1ª parte:
O Casás non conseguiu entrar no partido nos primeiros minutos, e o acerto do Puentedeume obrigou aos lucenses a remar contracorrente desde moi cedo. A desvantaxe foi medrando e o equipo esperaba o descanso para reorganizarse e facer axustes tácticos.
2ª parte:
Na reanudación, o conxunto de Ángel Varela saíu con moita máis intensidade e compromiso, ofrecendo unha gran imaxe colectiva. O esforzo e o sacrificio permitiron recortar diferenzas, pero faltou un punto de acerto para culminar a remontada nun encontro frenético.
Clave do partido:
A ampla vantaxe que o rival acadou nos primeiros minutos resultou decisiva.
Frase do adestrador, Ángel:
«Gran espírito do equipo nun partido complicado.»
Próximo rival:
Noia