O equipo lucense asinou unha goleada contundente e moi completa, combinando ambición ofensiva e orde defensiva para sumar unha nova vitoria e seguir medrando como conxunto.
Acasti Reformas Lugo Sala – A.D. Codima Ames Sport
Alevín Preferente Masculina
Resultado ao descanso: 5-2
Resultado final: 11-2
Aliñación: Nico , Rafa, Miguel M., Mateo V., Oli.
Banquiño: Quiroga, Antón Otero, Xabi, Brais, Iago, Enzo, Marco (porteiro).
Goleadores: Oli (6), Rafa (2), Mateo V., Xabi, Iago.
Primeira parte
O Lugo Sala Acasti entrou con forza no partido é en poucos minutos xa dominaba por 4-0. Porén, unha certa relaxación permitiu ao rival recurtar distancias ata o 4-2, aproveitando un par de descoidos defensivos. O tempo morto solicitado por Miguel Múñoz, serviu para recuperar a orde e o control, e antes do descanso chegou o 5-2 que deu tranquilidade ao equipo.
Segunda parte
A segunda metade foi un recital lucense. O Lugo Sala mantivo a portería a cero e foi ampliando o marcador con ambición e boas combinacións en ataque. O control foi absoluto e os goles foron chegando con naturalidade, mostrando unha gran mellora na finalización e confianza colectiva.
Xogadores destacados: Oli, Mateo V., Xabi.
Clave do partido: O gran inicio e a ambición do equipo por seguir buscando máis goles.
O próximo enfrontamento do Lugo Sala Acasti Reformas, será en Lugo, onde recibirá a O Parrulo Ferrol.