Os lucenses asinaron unha primeira parte perfecta e impuxéronse con claridade a domicilio.
Noia F.S vs Ribeira Meizoso Fernández
Infantil Preferente Masculina
Resultado ao descanso: 0-6
Resultado final: 2-8
Aliñación: Dani Prieto, Alex Freire, Hugo Jartin, Hugo Alvarez, Pablo Piñeiro
Banquiño: Unai Vazquez, Massimo, Pablo Arias, Matias Vlad, Adriano, Martin Fernandez
Goles: Adriano, Alex Freire, Pablo Piñeiro, Hugo Alvarez (2), Pablo Arias (2), Hugo Jartin
O Ribeira Meizoso Fernández volveu demostrar o seu gran momento de forma cunha vitoria contundente por 2-8 ante o Noia, nun encontro no que os lucenses foron moi superiores dende o primeiro minuto.
A primeira parte foi para enmarcar. O equipo dirixido por César saíu moi enchufado, cun ritmo altísimo de xogo e circulación rápida de balón a dous ou tres toques, o que lles permitiu crear numerosas ocasións. En apenas sete minutos, o marcador xa reflectía un claro 0-4 a favor dos visitantes. A intensidade e o bo xogo mantivéronse ata o descanso, ao que se chegou cun resultado de 0-6.
Na segunda metade, o Noia subiu liñas e amosouse máis intenso, complicando un pouco máis a saída de balón do Ribeira. Aínda así, os lucenses aproveitaron dúas contras moi ben executadas para poñerse 0-8, controlando o partido con autoridade. Nos últimos minutos, o exceso de relaxación fixo que encaixasen dous goles, establecendo o 2-8 definitivo.
Destacados da xornada:
- Hugo Jartin
- Alex Freire
- Hugo Alvarez
Clave do partido: A primeira parte, de alto nivel competitivo e técnico, foi determinante para encarrilar a vitoria.
Frase de César: «O equipo vai medrando e os nenos cada vez están máis conxuntados. Gran traballo de EQUIPO. Hai que seguir nesta liña.»
Próximo rival: O próximo enfrontamento do Ribeira F.S Meizoso Fernández, é en Satiago de Compostela contra Codima Ames Sport.