As lucenses asinaron unha vitoria moi sólida ante o Monterroso nun partido marcado pola intensidade e o traballo colectivo.
Cadete Preferente Feminina
Monterroso vs Lugo Sala Frain
Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 2-8
Alineación: Natalia, Candela, Nadia, Leire, Alexia
Banquiño: Uxía, Marina, Andrea
Goleadoras: Nadia (3), Alexia (2), Leire, Candela, Marina
Destacadas da xornada: Candela, Nadia, Leire
Resumo do partido:
O Lugo Sala Frain saíu moi decidido ao encontro, xerando varias ocasións nos primeiros minutos, aínda que a falta de acerto impediu abrir o marcador de inmediato. Co paso do tempo, o equipo mantivo un xogo vertical, pero algún erro defensivo permitiu ao Monterroso achegarse con perigo á portería lucense. O primeiro gol chegou da man de Nadia, cun tanto case olímpico desde o córner que sorprendeu a todos. A reacción do rival foi inmediata e as capitalinas confiarónse en exceso durante algúns minutos.
Tras aclarar conceptos, as visitantes volveron á pista coa idea clara de remar xuntas e evitar que as da Ulloa volvesen xerar perigo. A intensidade aumentou, a presión foi máis eficaz e, desta volta, a sorte estivo máis do lado capitalino. Aínda que a porteira local foi determinante na primeira metade, na segunda parte tivo moito menos traballo, xa que as pequenas de Luchi conseguiron ampliar a vantaxe con claridade e pechar o encontro cun contundente 2-8.
Clave do partido: Intensidade e traballo.
Frase de Luchi: “Sumar puntos sempre é unha boa maneira de rematar o ano.”
Próximo enfrontamento: Á volta do parón do Nadal, as capitalinas, segundas clasificadas, recibirán ao Castro FSF, líder intratable da competición, nun duelo de máxima esixencia que marcará o inicio da segunda parte da tempada.