Eficacia, intensidade e paciencia, as claves dun novo triunfo que consolida ao equipo no máis alto da táboa
Infantil Preferente Masculina
Ribeira FS Meizoso Fernández vs Troula Betanzos
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 7-2
Aliñación: Matías , Alex Freire, Hugo Jartin, Hugo Álvarez, Martín Ferreiro
Banquiño: Hugo Fontao, Pablo Arias, Pablo Piñeiro, Alberto, Sergio, Massimo, Bruno Díaz
Goleadores: Martín Ferreiro, Alex Freire, Hugo Álvarez, Bruno Díaz, Pablo Arias (2), Alberto
Destacados da xornada:
- Pablo Arias 2. Pablo Piñeiro 3. Matías
Resumo do partido:
O Ribeira FS Meizoso Fernández entrou ao partido totalmente enchufado, presionando a saída de balón do Troula e controlando a posesión con moito criterio. O rival, moi pechado nos seus 10 metros e defendendo con intensidade, resistiu nas primeiras ocasións, incluso obrigando a Matías a realizar unha parada crucial nun man a man que evitou o 0-1. Co paso dos minutos o dominio local fíxose máis evidente e, aproveitando o desgaste do Troula, o Ribeira golpeou por partida triple nos últimos cinco minutos da primeira metade, culminando tres xogadas colectivas de libro para marchar ao descanso cun cómodo 3-0.
A segunda parte comezou con valentía por parte do Troula, que arriscou cun xogo de 5×4, pero un roubo de Pablo Arias transformouse no 4-0 e marcou un antes e un despois. Ese gol lastrou ao rival, e en apenas cinco minutos o Ribeira ampliou a distancia ata o 6-0. Xa con todo controlado, os locais baixaron a intensidade e continuaron dominando o ritmo do encontro, ata que unha nova xogada elaborada significou o 7-0. Nos instantes finais, o Troula maquillou o marcador con dous goles —un deles de dobre penalti— pero a victoria xa estaba máis que sentenciada para un Ribeira que continúa demostrando un nivel altísimo.
Clave do partido:
A paciencia co balón ante defensas tan pechadas e o traballo decisivo de Matías, evitando o posible 0-1 nunha parada clave que puido cambiar o guión do encontro.
Frase de César:
«Outro gran partido dos rapaces que siguen coas mismas ganas que ao inicio da tempada. Hai que seguir así.»
Próximo rival:
Lugo Sala — derbi da capital lucense no que o Ribeira chega invicto e con pleno de puntos, mentres que o Lugo Sala encadea 8 partidos sen perder. Atmosfera grande asegurada!