O Lugo Sala Acasti segue sen perder nos seus últimos 7 partidos, pero non conseguiu levar a vitoria diante de O Esteo
Infantil Preferente Masculina
Lugo Sala Acasti vs. O Esteo
Resultado ao descanso: 1-2
Resultado final: 5-5
Alineación: Asier, Villa, Enzo, Pedro, Iker Rojo
Banquillo: Antón, Nuno, Daniel Lombardero, Nico, Erik, Iker
Goleadores: Iker Rojo, Enzo (2), Villa (2)
Destacados da xornada:
- Pedro
- Asier
- Villa
Resumo do partido:
A primeira parte do encontro foi moi igualada, sen que ningún equipo dominase de forma clara. O Lugo Sala non conseguiu materializar as súas ocasións, e ao descanso, o marcador reflectía unha derrota parcial por 1-2. Na segunda parte, o equipo local comezou cun mal inicio, encaixando un gol por falta de contundencia defensiva. Sen embargo, os xogadores reaccionaron rapidamente, e despois de dez minutos brillantes, conseguiron poñerse por diante no marcador. O partido volveuse algo descontrolado, e os de Álvaro empatarían a falta de menos de un minuto para rematar o partido. Con todo, tiveron unha oportunidade de ouro cun lanzamento de 10 metros para levarse a vitoria, pero non conseguiron marcar. O empate final de 5-5 foi o resultado dun encontro moi intenso.
Clave do partido: A falta de contundencia na área propia, que fixo que os lucenses encaixasen goles fáciles.
Frase do adestrador: » Tenemos que competir mejor en las áreas para dar ese paso adelante que nos falta»
Próximo rival: O Lugo Sala Acasti Reformas enfrontarase ao Noia FS, último clasificado, buscando recuperar a súa mellor versión e sumar unha nova vitoria.