O Arenal Emevé resolve con autoridade un novo compromiso na Casa do Deporte
O Arenal Emevé continúa marcando o ritmo na Primeira División xuvenil feminina tras impoñerse con claridade a Oleiros por 3-0. As lucenses volveron amosar un alto nivel de xogo, dominando o encontro de principio a fin e confirmando o seu excelente momento de forma.
Desde o primeiro set, o Arenal Emevé deixou claro o seu dominio. Cun xogo intenso e moi ordenado, as lucenses marcaron diferenzas rapidamente e pecharon o parcial cun contundente 25-11, sen dar opcións ao rival.
No segundo set mantívose a mesma dinámica. O conxunto lucense foi moi sólido en todas as fases do xogo, controlando o ritmo e ampliando vantaxes con continuidade, o que lles permitiu levar o parcial por 25-14.
O terceiro set foi unha nova mostra de autoridade. O Arenal Emevé non baixou a intensidade e seguiu impoñendo o seu xogo para pechar o encontro cun claro 25-11, certificando unha vitoria moi completa.
Con este triunfo, o Arenal Emevé consolídase como líder en solitario da clasificación, con pleno de vitorias nas oito xornadas disputadas, 24 sets a favor e só catro en contra, uns números que reflicten a regularidade e o alto nivel competitivo do equipo.
A competición retomaráse xa en 2026, cando as lucenses iniciarán o novo ano cun desprazamento á Coruña para medirse co Liceo La Paz, nun novo reto para seguir defendendo o liderado.